lunes, 25 de enero de 2010

O PSOE presentará unha moción para que o Concello axude cunha subvención á reconstrucción de Haití

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista afirmou hoxe que o PSOE presentará unha moción no vindeiro pleno da Corporación para soliticar ó Concello que destine unha partida económica para axudar á reconstrucción de Haití, tras os terremotos acaecidos nos últimos días, a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, como recomenda a FEMP, ou a través algunha das ONG que actúan na illa, como Cruz Vermella, UNICEF ou Médicos sen Fronteiras.

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou hoxe que o seu grupo presentará no pleno do vindeiro xoves unha moción para que o Concello destine unha cantidade económica a axudar ás persoas afectadas polos terremotos de Haití, acaecidos nas últimas semanas, que canalice a solidaridade dos Porriñses e porriñesas a un pobo “que o está a pasar realmente mal”.
 
Segundo os socialistas, o pleno da corporación debe aprobar esta axuda e canalizala a través das múltiples ONG´s que actuan na illa (UNICEF, Solidaridade Internacional, Médicos sen Fronteiras, etc...), ou ben, tal e como recomenda a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).
 
A iniciativa será presentada mañá martes, na Comisión de Economía e Facenda do Concello, que se reune antes do pleno para tratar as cuestións económicas, para tentar acadar un acordo cos grupos da corporación antes do pleno e poder ser aprobada o xoves.
 
O pleno, celebrarase este xoves ás 18:30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario