sábado, 20 de febrero de 2010

O PSdeG-PSOE do Porriño abre unha Oficina de Atencion o Cidadan de luns a xoves, presenta a sua nova web e entra nas redes sociais facebook e Twitter.


O Secretario de Organizacion Local, Jose Carlos Diaz, presentou a Oficina de Atencion o Cidadan do PSdeG-PSOE do Porriño, como un servizo os porriñeses para que poidan informarse dos tramites municipais, facer propostas ou solucionar problemas coa administracion local..

A Comision Executiva Local do PSdeG-PSOE puxo en marcha dende esta semana, a nova Oficina de Informacion Cidada, un servizo que permitira a calquer porriñes informarse sobre cuestions do Concello, realizar criticas, recibir informacion ou aportar propostas e iniciativas relativas o Concello do Porriño. O seu horario sera de 20:00 horas a 21:30 horas de luns a xoves todas as semanas.
Asi o informou o Secretario de Organizacion Local, Jose Carlos Diaz, que manifestou que a Oficina de Atencion o Cidadan do PSdeG-PSOE, vai permitir a moitos veciños poder resolver as suas dubidas e recibir informacion sobre as xestions que calquer veciño necesite do Concello. A Oficina permitira ademais, recibir informacion sobre o Plan Xeral, taxas e impostos municipais, obras que o Concello este realizando, ou trasladar queixas o Concello.

“Con esta medida, afirmou Diaz, o PSOE quere mellorar os servizos que presta os cidadans do Porriño e achegarse os problemas diarios dos porriñeses e porriñesas, que poderan incluso recibir a contestacion as suas dubidas por correo electronico, a traves da nosa paxina web www.porrino.psdeg-psoe.org.

Nova paxina web e presencia nas redes sociais

Pola sua parte, o Secretario de Comunicacion do PSdeG-PSOE, Antón Pérez, presentou os avances dixitais do PSdeG-PSOE do Porriño, baixo o eslogan “PSOE Porriño 2.0”, que permitira un achegamento maior os porriñeses.

Antón Pérez presentou a nova web do PSdeG-PSOE do Porriño, www.porrino.psdeg-psoe.org, onde os cidadans poden obter diferentes datos sobre a actividade do grupo socialista, notas de prensa, dossieres sectoriais e participar nas enquisas que periodicamente presenta o PSOE.

Ademais, o Secretario de Comunicacion, informou que o PSOE esta presente nas Redes Sociais Facebook, Twitter e dispon tamen dunha plataforma de imaxes na rede, a traves do seu Flickr. Pérez anunciu que proximamente, o PSOE prepara o lanzamento da primeira television dixital do Porriño, PSOE Porriño TV, a traves do canal Youtube, e a presencia na rede social Tuenti.

“Tratase, afirmou Antón Pérez, de dotarnos de mais capacidade dixital para que os porriñeses coñezan as nosas actividades e poidan opinar sobre as mesmas e aportar as suas opinions”.

viernes, 19 de febrero de 2010

O PSOE se solidariza cos traballadores da empresa Graninter e pide apoio para evitar os traslados forzosos de persoal

A Comision Executiva Local amosou onte a sua solidaridade cos traballadores da empresa Levantina (antigua Graninter), e pediu apoio institucional para evitar a deslocalizacion da empresa.
 
A Comision Executiva Local do PSdeG-PSOE reunida o pasado xoves, recibiu a membros do comite de empresa (CIG e UGT) de Levantina (antiguo Graninter), empresa ubicada no Poligono de As Gandaras, para coñecer a sua situacion ante a decision da empresa de iniciar traslados forzosos dos seus traballadores e dos responsables sindicais da empresa a sua sede de Valencia.

Os socialistas afirmaron que este tipo de actuacions, ataca os principios fundamentaris de representacion sindical recoñecidos na lexislacion e na Constitucion Española, e afirmaron que apoiaran a manifestacion que maña sabado se celebrara no Porriño.

Ademais, o grupo municipal socialista informou que rexistrara unha mocion sobre este asunto para que sexa tratada no vindeiro pleno ordinario e unha pregunta dirixida o goberno local para coñecer a sua opinion sobre o asunto e requerirlle apoio o comite de empresa para evitar a deslocalizacion da mesma do Porriño.
“Tratase dunha empresa porriñesa que non podemos consentir que marche, pois pode supoñer a perda de moitos postos de traballo. Pedimos o Concello que actue con urxencia neste tema”

lunes, 15 de febrero de 2010

Vaqueiro corrixe a Nelson Santos indicándolle que nin Xunta nin Diputación teñen competencias ferroviarias e lle pide que se poña a traballar en serio en vez de facer demagoxia

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, advertiu a Nelson Santos que a solución do paso a nivel pasa por ADIF e por Fomento, e non por facer demagoxia.

O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe que o novo alcalde inda non se puxo a traballar en serio na resolución do problema do paso a nivel, e que só se adica a ir a manifestacións para poñer a caldo ós que realmente queremos resolver este problema, en vez de unificar criterios e dirixirse ás administracións que realmente teñen competencias.

“Apoiar a plataforma contra a vía, como apoiamos todos os partidos, non pode ser o único que faga un alcalde que en dúas semanas inda non moveu un dedo na dirección correcta. O señor Santos sabe, e se non é así, mal vamos, que nin a Xunta de Galicia nin a Deputación de Pontevedra teñen competencias para resolver o problema de seguridade do paso a nivel nin a solución de fondo do trazado. Invitamos ó alcalde a que cumpla o acordo plenario que el mesmo apoiou fai dous meses, convoque a xunta de portavoces e se poña ó frente da Corporación, en vez de adicarse a facer demagoxia.

Seguridade cidadá a corto prazo e medidas de seguridade do ADIF

Vaqueiro instou dende xa ó alcalde, a que a primeira medida que debe tomar é situar permanentemente un policía municipal no paso a nivel, e a pedir canto antes unha reunión co Ministerio de Fomento e co ADIF para tratar o tema da seguridade e informarse polos técnicos o estado do proxecto do AVE Vigo-Oporto e as alternativas propostas. “Todo o que non sexa traballar en esta liña é populismo electoralista que non imos consentir. ¿Cómo pode dicir o Alcalde ós porriñeses que inda teremos que agardar un ano a solucionar o problema da seguridade do paso a nivel?”

Vaqueiro afirmou que remitirá ó alcalde unha carta coa postura do PSdeG-PSOE do Porriño neste tema, e se non recibe contestación por parte do Alcalde, “tomaremos a iniciativa ante Fomento sen contar con el. Non imos aturar dilacións, por populismo ou inacción, de ningún tipo neste tema.

miércoles, 10 de febrero de 2010

O PSOE critica o retroceso democrático que supón o cambio dos plenos e a subida de soldos do novo goberno

O Grupo Municipal Socialista advertiu hoxe a Nelson Santos que non consentirá o retroceso democrático que quere impoñer co dilatando os plenos da corporación cada dous meses, en vez de cada mes como agora se fai, e  poñendo as datas dos plenos os luns ás 12 da  mañá, en vez ás 18:30 dos xoves como agora sucede.

O Voceiro Municipal Socialista afirmou hoxe que o seu grupo considera un auténtico retroceso democrático que os plenos pasen de ser cada mes a ser cada dous meses, tal e como estaba establecido ata o de agora, feito que se ve agravado polo cambio horario dos mesmos das 18:30 horas da tarde ás 12:00 horas da mañá. Os socialistas afirmas que non é normal que se tome unha decisión sen nin sequera falar cos grupos da corporación.

“É unha decisión que ataca a democracia e a participación, que non respeta a conciliación da vida familiar e laboral dos concelleiros e concelleiras da corporación e que só responde a un intento de axfisiar a labor dos grupos da oposición e evitar a asistencia dos veciños ós plenos. Pero non o vai conseguir.”
Vaqueiro afirmou que agora “xa sabemos a que se refería Nelson Santos cando falaba de que non lle ía temblar o pulso para gobernar Porriño: non quere nin participación política da corporación, nin asistencia dos veciños ós plenos. Trátase dun auténtico retroceso democrático.”

Delegado do Concello en Caixanova e oposición á subida de soldos

Sobre o pleno que se celebrará mañá xoves, os socialistas anunciaron dous votos particulares que presentarán na comisión informativa de hoxe.

No primeiro destes puntos, relativo ó nomeamento de representantes en Caixanova, o PSdeG-PSOE, propondrá, unha candidata alternativo ó proposto polo goberno local, como representante do Concello en Caixanova. Trátase da presidenta de Amas de Casa e Consumidores, Rosa Pereiro, que xa no 2008 contara co apoio de PSOE e CxP no pleno, a pesar de que fora rechazado por BNG, PP e IdeP. Desta volta, os socialistas esperan que CxP volva a  apoiar a proposta e teña maior respaldo no pleno.

O outro voto particular dos socialistas será relativo ós soldos dos concelleiros do novo goberno. O PSOE considera que é excesivo cun goberno de 9 concelleiros, 4 dedicacións exlusivas, polo que propondrá retirar unha delas. “Nos parece criticable que Nelson Santos fale de austeridade e suba os soldos e os gastos en soldos. Ou o señor Santos minte, ou non di as cousas claras. Pero lle lembramos a Nelson Santos, que non é momento de subir os soldos e aumentar gastos neste capítulo, e o instou a tomar nota de outros gobernos locais de Galicia”