miércoles, 10 de febrero de 2010

O PSOE critica o retroceso democrático que supón o cambio dos plenos e a subida de soldos do novo goberno

O Grupo Municipal Socialista advertiu hoxe a Nelson Santos que non consentirá o retroceso democrático que quere impoñer co dilatando os plenos da corporación cada dous meses, en vez de cada mes como agora se fai, e  poñendo as datas dos plenos os luns ás 12 da  mañá, en vez ás 18:30 dos xoves como agora sucede.

O Voceiro Municipal Socialista afirmou hoxe que o seu grupo considera un auténtico retroceso democrático que os plenos pasen de ser cada mes a ser cada dous meses, tal e como estaba establecido ata o de agora, feito que se ve agravado polo cambio horario dos mesmos das 18:30 horas da tarde ás 12:00 horas da mañá. Os socialistas afirmas que non é normal que se tome unha decisión sen nin sequera falar cos grupos da corporación.

“É unha decisión que ataca a democracia e a participación, que non respeta a conciliación da vida familiar e laboral dos concelleiros e concelleiras da corporación e que só responde a un intento de axfisiar a labor dos grupos da oposición e evitar a asistencia dos veciños ós plenos. Pero non o vai conseguir.”
Vaqueiro afirmou que agora “xa sabemos a que se refería Nelson Santos cando falaba de que non lle ía temblar o pulso para gobernar Porriño: non quere nin participación política da corporación, nin asistencia dos veciños ós plenos. Trátase dun auténtico retroceso democrático.”

Delegado do Concello en Caixanova e oposición á subida de soldos

Sobre o pleno que se celebrará mañá xoves, os socialistas anunciaron dous votos particulares que presentarán na comisión informativa de hoxe.

No primeiro destes puntos, relativo ó nomeamento de representantes en Caixanova, o PSdeG-PSOE, propondrá, unha candidata alternativo ó proposto polo goberno local, como representante do Concello en Caixanova. Trátase da presidenta de Amas de Casa e Consumidores, Rosa Pereiro, que xa no 2008 contara co apoio de PSOE e CxP no pleno, a pesar de que fora rechazado por BNG, PP e IdeP. Desta volta, os socialistas esperan que CxP volva a  apoiar a proposta e teña maior respaldo no pleno.

O outro voto particular dos socialistas será relativo ós soldos dos concelleiros do novo goberno. O PSOE considera que é excesivo cun goberno de 9 concelleiros, 4 dedicacións exlusivas, polo que propondrá retirar unha delas. “Nos parece criticable que Nelson Santos fale de austeridade e suba os soldos e os gastos en soldos. Ou o señor Santos minte, ou non di as cousas claras. Pero lle lembramos a Nelson Santos, que non é momento de subir os soldos e aumentar gastos neste capítulo, e o instou a tomar nota de outros gobernos locais de Galicia”

No hay comentarios:

Publicar un comentario