viernes, 19 de febrero de 2010

O PSOE se solidariza cos traballadores da empresa Graninter e pide apoio para evitar os traslados forzosos de persoal

A Comision Executiva Local amosou onte a sua solidaridade cos traballadores da empresa Levantina (antigua Graninter), e pediu apoio institucional para evitar a deslocalizacion da empresa.
 
A Comision Executiva Local do PSdeG-PSOE reunida o pasado xoves, recibiu a membros do comite de empresa (CIG e UGT) de Levantina (antiguo Graninter), empresa ubicada no Poligono de As Gandaras, para coñecer a sua situacion ante a decision da empresa de iniciar traslados forzosos dos seus traballadores e dos responsables sindicais da empresa a sua sede de Valencia.

Os socialistas afirmaron que este tipo de actuacions, ataca os principios fundamentaris de representacion sindical recoñecidos na lexislacion e na Constitucion Española, e afirmaron que apoiaran a manifestacion que maña sabado se celebrara no Porriño.

Ademais, o grupo municipal socialista informou que rexistrara unha mocion sobre este asunto para que sexa tratada no vindeiro pleno ordinario e unha pregunta dirixida o goberno local para coñecer a sua opinion sobre o asunto e requerirlle apoio o comite de empresa para evitar a deslocalizacion da mesma do Porriño.
“Tratase dunha empresa porriñesa que non podemos consentir que marche, pois pode supoñer a perda de moitos postos de traballo. Pedimos o Concello que actue con urxencia neste tema”

No hay comentarios:

Publicar un comentario