O Secretario Xeral do PSOE Porriñes, Ivan Vaqueiro, anunciou tras a entrevista mantida co Secretario de Estado, Victor Morlan, o Delegado de Goberno, Anton Louro, o Deputado Luis Piña e a Plataforma pola eliminacion do Paso a Nivel, que Fomento impulsara a proposta do PSOE do Porriño para eliminar o Paso a Nivel do Porriño recollida no Estudio Informativo do Tren de Alta Velocidade Vigo-Oporto publicada o 23 de Febreiro de 2007
O Secretario Xeral e Voceiro dos Socialistas Porriñeses, Ivan Vaqueiro, fixo publica hoxe a satisfaccion do PSOE do Porriño, tras a reunion mantida co Secretario de Estado Victor Morlan e o Delegado de Goberno en Galicia, Anton Louro, acompañado da Plataforma pola eliminacion do paso a nivel do Porriño, pola decision de Fomento de impulsar a Variante Ferroviaria do Porriño, vinculada a alternativa 1 do Estudio Informativo do Tren de Alta Velocidade Vigo-Oporto, publicada en Febreiro de 2007, a proposta do Grupo Socialista do Porriño.
"Tratase, afirmou Vaqueiro, da confirmacion do que diciamos no 2007, que era posible a eliminacion do paso a nivel e que pronto seria unha realidade. E unha victoria para O Porriño, para todos, e o premio a moitos anos de traballo do PSOE. Sera un goberno socialista o que elimine o paso a nivel do Porriño."
Vaqueiro e Morlan tamen trataron na reunion a proposta de crear un tran de cercanias entre Vigo-O Porriño-Poligonos Indusriais, asi como a necesaria conexion viaria entre Porriño e Torneiros ou o enlace directo entre Torneiros e a Autovia.
O PSOE afirma que Nelson Santos non ten vergoña politica por tratar de apuntarse a unha proposta que criticou no 2007
Con respecto a postura do actual alcade, Nelson Santos, de apuntarse a proposta do PSOE do Porriño de eliminar o paso a nivel, Vaqueiro afirmou que "todo Porriño sabe que o unico que defendeu a postura da Variante Ferroviaria, foi o PSOE, e tratar agora de subirse a un carro que tanto criticou, e non ter nin memoria, nin vergoña politica. Este e en todo caso, unha victoria de todos e todas, pois todos contribuimos a ela, excepto o señor Santos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario