O Grupo Municipal Socialista saiu hoxe ó paso das declaración realizadas polo conceleiro e presidente da Entidade Local Menor de Chenlo para esixirlle ó Concello un compromiso plenario de oposición á Canteira de Chenlo.
O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe, que o seu grupo segue vendo con preocupación o intento de abrir unha Canteira en Chenlo, e esixirá garantías reais plenarias de que o goberno local non apoiará a apertura dunha Canteira en Chenlo.
Vaqueiro afirmou que o PSOE, mantén que presentará de igual modo a moción plenaria sobre a canteira, para coñecer de primeira man a posición do goberno local neste tema e posicionar á Corporación en contra do proxecto de Canteira.
Escola de Chenlo
O Voceiro socialista aproveitou a ocasión para lembrar ó presidente da Entidade Local, que os veciños de Chenlo seguen sen información da Xunta de Galicia sobre a decisión de reabrir a Escola de Chenlo, tal e como solicitou o PSOE no pleno da Corporación en 2008, co apoio de todos os grupos, incluido o PP.
“O propio presidente da Entidade, afirmou no pleno que a título persoal traballaría para que se reabrise a Escola no curso 2010-2011, e a día de hoxe, descoñecemos as súas xestións, afirma os socialistas”
A realidade é que o PP do Porriño non fixo nada por evitar o peche desta escola, e non vai facer nada por reabrila, lamenta o PSOE, que pediu explicacións públicas a Alejandro Lorenzo e á concelleira de Educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario