jueves, 18 de marzo de 2010

O PSOE pide ó Concello maior inversión municipal e colaboración coas Comunidades de Montes do Porriño.


O Secretario de Política Territorial da Executiva Local do PSdeG-PSOE, Santiago González e o Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, pediron hoxe, unha maior colaboración municipal coa labor desenvolvida coas Comunidades de Montes do Porriño nos seus espazos naturais e áreas recreativas.

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, e o Secretario de Política Territorial do PSOE do Porriño, Santiago González, pediron hoxe un maior compromiso municipal coas Comunidades de Montes do Porriño, que están a ser na actualidade, un dos motores de desenvolvemento das parroquias e da xestión ambiental do municipio.

Segundo Santiago González, “as Comunidades de Montes son axentes activos na xestión forestal e medioambiental do municipio, e deben ter un maior apoio para promover e conservar os espazos naturais dos que disfrutan todos os veciños e veciñas do Porriño. A xestión e mantemento dos espacios públicos e áreas recreativas que están a facer as Comunidades de Montes, se realizan sen apoio municipal, a pesar de que teñen un uso público, algo que debe ser apoiado.”

Esta colaboración, afirmou González, “debe ter un respaldo municipal a través dunha colaboración municipal en obras, inversión e apoio por parte do concello, algo que na actualidade, non existe.

Un acordo municipal de colaboración coas Comunidades de Montes

Pola súa parte, o Voceiro Socialista, Iván Vaqueiro, afirmou que nas vindeiras semanas, o seu partido terá como obxectivo reunirse con todas as comunidades de montes do Porriño para impulsar un acordo municipal de colaboración entre o Concello e as Comunidades de Montes co obxectivo de coordinar as accións e promover iniciativas conxuntas, tanto a nivel de apoio como de inversión municipal

“Está claro que o Concello ten a obriga de colaborar côas Comunidades, e pólo tanto, creemos que debe posicionarse claramente a favor das actuacións positivas e de mantemento de áreas recretativas que realizan as comunidades de montes, apoiandoas na súa labor con plans anuais de inversión e convenios de colaboración.

Por último, Vaqueiro afirmou que o seu grupo presentará unha moción para impulsar esta colaboración Concello-Comunidades de Montes e que esta tema teña unha plasmación no vindeiro Orzamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario