O Secretario de Economía da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE do Porriño, Carlos Díaz Casles e o Voceiro Municipal socialista, Iván Vaqueiro pediron non marxinar o Polígono de As Gándaras no seu mantemento, así como un compromiso de inversión do goberno local e da nova Xunta de Galicia para executar un plan de mellora integral do polígono.
O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, valorou hoxe positivamente que se melloren o mantemento do polígono empresarial de A Granxa, anunciado recentemente polo goberno local, pero esixiu o mesmo tratamento para o Polígono de As Gándaras, e conminou ó goberno local a non marxinar ó polígono de As Gándaras, que pola súa antigüedade, necesita tamén moita atención.
“O mantemento dos polígonos é competencia municipal e polo tanto, ben sexa cunha asistencia técnica como era a empresa EULEN ata o 2008, como directamente por persoal do Concello, debe realizarse, pero non debemos marxinar a ningún polígono. O acordo de mantemento debe ser para As Gándaras e para A Granxa, pois non se entende un tratamento diferenciado. Esiximos ó Concello un trato igualitario neste senso.
Proxecto Integral de Mellora do Polígono de As Gándaras.
Vaqueiro e Díaz foron un paso máis alá e pediron un esforzo de inversión nos polígonos, que xeneran unha importante serie de ingresos ó municipio.
Segundo Carlos Díaz, “non vale con dicir que imos facer mantemento. Temos que ser ambiciosos cos nosos polígonos e esixir unha importante inversión para mellorar as súas infraestructuras e servizos, e permitir un correcto uso ás empresas e traballadores que alí se atopan”.
O socialista instou ó goberno local a solicitar inversións á Xunta de Galicia para mellorar de xeito integral o Polígono de As Gándaras, e afirmou que “o Polígono Empresarial de As Gándaras necesita xa unha importante inversión que mellore de xeito integral, as dotacións e servizos dos que dispón, así como a mellora do firme e as beirarrúas e zonas verdes do mesmo. Xunta e Concello deben comprometerse a traballar en conxunto para lograr mellorar o estado do actual polígono e adecualo ás necesidades dos seus usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario