martes, 9 de marzo de 2010
O PSOE tacha de aberración artística a reforma da Fonte de Palacios e esixe a Santos saber se tiña permiso de Patrimonio
O Secretario de Educacion e Cultura do PSdeG-PSOE do Porriño, Miguel Taboas, criticou hoxe o goberno local por realizar arranxos na Fonte do Cristo sen cumplir a Lei de Patrimoinio e sen responsable de obra.
O secretario de educacion e cultura da comisión executiva local do PSdeG-PSOE do Porriño, Miguel Taboas Sequeiros, informou hoxe da preocupacion que moitos porriñeses e porriñesas estan a amosar estes días logo das accións levadas a cabo polo novo goberno local que decidiu iniciar obras de mantemento da Fonte do Cristo do Porriño, unha obra do arquitecto Antonio Palacios, sen dar parte a Direccion Xeral de Patrimonio da Conselleria de Cultura e sen ter proxecto tecnico nin supervision dun técnico facultativo.
Ante a gravidade desta actuación, o PSdeG-PSOE remitirá a Patrimonio un informe das accións levadas a cabo polo novo goberno que realizou un tratamento de limpeza utilizando produtos non recomendados e, sobre todo, insertou a figura dun dos “dragóns” de cerámica que faltaban sen recurrir ó molde orixinal, probablemente dun material distinto e sen armonía artística. Isto afectou ó conxunto artístico, ó non resultar idéntico os demais. Taboas considera que estas reformas, dañan a estrutura do monumento, son unha autentica “chapuza cultural” e pide ó goberno local respeto polo patrimonio local. “As cousas hainas que facer ben, consultando ós expertos e cos permisos correspondentes, e non atentar contra o noso patrimonio”
O PSOE constatou esta mañá, que os técnicos municipais de urbanismo descoñecían esta reforma reforma sen proxecto e sin permiso da Xunta de Galicia, o que poderia ser consideradas como falta “moi grave”, segundo o artigo 92 da Lei 8/1985 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, na que se detaia ademais, a obligatoriedade dos promotores de calquer reforma en monumentos considerados patrimonio, do correspondente permiso preceptivo da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia (artigoa 43 e 44 da citada Lei de Patrimonio), asi como dun proxecto tecnico de reforma redactado por tecnicos especialistas na materia.
Taboas afirmou que ademais, o PSdeG-PSOE pedira a inmediata comparecencia do responsable de Cultura, o actual alcalde, Nelson Santos, no vindeiro pleno ordinario, para que explique se existía ou non permiso e proxecto, e se a arquitecta municipal estaba o corrente das accións que se ían executar na Fonte do Cristo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario