viernes, 30 de abril de 2010

O PSOE aclara que as obras de ADIF no paso a nivel teñen como obxectivo mellorar a seguridade e adaptar os andens a normativa europea

O PSdeG-PSOE do Porriño saiu hoxe o paso das declaracions realizadas polo BNG do Porriño sobre as obras que ADIF esta a executar na estacion de tren do Porriño, para aclarar a cidadania do Porriño que:

1.- As obras de ADIF teñen como obxectivo realizar tarefas de mantemento na actual estacion, e para adaptar os andens da mesma a normativa europea, tal e como se realizaron xa noutras moitas de Galicia, como Salvaterra, Crecente, etc...

2.- Do mesmo xeito, son a primeira fase das obras as que seguira outra obra especifica para a seguridade do paso a nivel, e que incidira na seguridade das barreiras, e que en ningun caso como se afirma, suporan obras de construccion de pasos subterraneos ou calquer outra das formulas propostas polo alcalde Nelson Santos, descartadas por pouco realistas e utiles para Porriño.

3.- En ningun caso, estas obras consolidan a situacion da estacion, que ten data de caducidade a raiz das obras do Tren Vigo Oporto que comezaran antes de 2012, ratificando con elo as declaracions do Secretario de Estado de Infraerstructuras, Victor Morlan, e do Ministerio de Fomento, do pasado mes de Marzo.

4.- Dende o PSdeG-PSOE pedimos prudencia a hora de facer manifestacions sobre o futuro da estacion e do paso a nivel, para non xenerar informacion contradictoria ou enganosa a cidadania, habida conta da existencia dun compromiso real de eliminacion tanto do paso a nivel como da estacion coa construccion da Variante Ferroviaria do Porriño, vinculada a alternativa 1 do Tren de Alta Velocidade Vigo-Oporto. Namentres esto non se produza, e dacordo coa demanda dos veciños do Porriño, o Ministerio de Fomento e ADIF cumplen o compromiso de mellorar a seguridade da Estacion mentres siga en funcionamento, para mantela en optimas condicions de uso e seguridade.

5.- O grupo Municipal Socialista do Porriño, informara a calquer veciño interesado obre o proxecto, no seu local, de luns a venres de 8-9:30 da noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario