O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, esixiu ó alcalde Nelson Santos que non retrase nin un segundo máis a regularización da venda ambulante e a planificar as decisión sobre o comercio local con maior rigor.
O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou onte que Porriño contempla a esperpéntica actuación do goberno local no tema comercial con “pasmo e preocupación”, á vista da sensación de pouco rigor, planificación e dialogo que se derivan das decisións municipais.
Así o trasladou onte o Voceiro e Secretario Xeral dos Socialistas Porriñeses durante o transcurso da reunión da Comisión Executiva Local dos Socialistas do Porriño, na que segundo Vaqueiro, O Porriño non pode nin debe esperar nin un minuto máis para regular algo tan importante como a venda ambulante, e afirmou que a situación actual “ é un agravio comparativo cos comercio local, e perpetua a falta de dereitos dos propios traballadores ambulantes” permitindo prácticas negativas para o propio sector ambulante coa situación de arbitrariedade e anarquía que se vive no mercadillo. Non se pode poñer o carro diante dos bois, sobre todo se os bois non queren andar. Temos que regular o mercadillo antes de tomar outras decisións como os días da feria. As ideas poden ser boas, pero existen prioridades, e a legalidade dos postos e a liberdade de acceso ós memos, son dende logo, a primeira. Algo co que os socialistas do Porriño estamos comprometidos”
O Voceiro socialista confirmou que o PSdeG-PSOE traballa na elaboración dunha proposta de ordenanza de venta ambulante, que presentará semana ó goberno local, para que o Concello se poña a traballar de inmediato neste tema, e ofreceu a colaboración do seu grupo, sempre que o goberno local faga as cousas ben.
Unha reforma con 5 anos de retraso
O Voceiro socialista afirmou que a proposta socialista se basea na regularización da concesión de licencias de venda ambulante unipersonais para evitar “picarescas”, así como doutros aspectos do funcionamento do mercadillo. “O Porriño debe tomar exemplo dos casos de Tui, Ponteareas, Pontevedra e outros nos que se aplicou este plantexamento con exito, afirmou Vaqueiro”
O socialista afirmou que no 2005, cando xestionaban comercio, presentamos ó pleno unha proposta de regulamento que foi rexeitada sen ningún tipo de explicación por PP, BNG e Independentes, que non tiveron se quera vontade de recuperar o diálogo sobre a mesma. Agora, segundo Vaqueiro, “non hai excusa para non regular o mercadillo. Se o goberno non o fai, tomaremos a iniciativa neste campo“
No hay comentarios:
Publicar un comentario