viernes, 28 de mayo de 2010

Vaqueiro pide explicacions o goberno por non rebaixarse os soldos e por temas urbanisticos


O Voceiro do Grupo Municipal Socialista presentara no pleno unha iniciativa para pedir a rebaixa dos soldos de todo o goberno ante a negativa do goberno a presentar a rebaixa, asi como sobre o intento do goberno de conceder licencia a un supermercado cun informe en contra do secretario

O Voceiro municipal socialista do Porriño, Ivan Vaqueiro, amosouse hoxe moi duro co alcalde Nelson Santos e pediulle explicacions publicas a Nelson Santos e o goberno do Porriño non se rebaixan os seus soldos, como estan a facer todos os gobernos de España, e se teme que no futuro orzamento, queiran inda subirse mais os soldos. “Temos un alcalde que non se solidariza dos traballadores do Concello, e un goberno que non quere saber de rebaixas….” O socialista afirmou que o seu grupo si esta desposto a rebaixar os cobros por asistencia a plenos e comisions.
O Voceiro socialista aproveitou de novo para reclamar os novos orzamentos do Porriño e tildou de burla cidada o discurso de Santos durante a mocion de censura, na que afirmaba que Porriño non podia estar sen ornamentos, e agora en catro meses nin siquera chamaron os grupos para falar das liñas xerais do ornamento, e se adican tan so a facer populismo improductivo. “Son as 7 da tarde do dia 120 do goberno Santos e seguimos sen orzamentos. Se Santos non e capaz de gobernar, que dimita”
“A pesar de ter 5 adicacions exlusivas e tres parciais, e gastar 270.000 euros en soldos o ano, asi como 30.000 para o cuñado do alcalde, que e o seu secretario particular, este goberno e incapaz de gobernar. Son moitos os veciños que cada dia nos contan que o alcalde xa nin os recibe ou teñen que facer colas kilometricas e esperar horas para que os reciban. Voltamos os peores tempos do PP” 

Vaqueiro rematou a sua intervención afirmando pedindo o goberno que “se poña a traballar, se rebaixe o soldo como todas as administracions, e deixe as trapalladas urbanisticas”

Licencia con informe contrario da secretaria do Concello 

O Voceiro municipal socialista, amosouse tamen moi duro co alcalde Nelson Santos e pediulle explicacions publicas polo intento na ultima comision de goberno, de conceder licencia a un supermercado na rua Ramirans que contaba con informe contrario do secretario da corporacion, que xa fora denegada en 2009 por ocupar o local parte de zona verde privada de uso publico. “Nelson Santos e o goberno deben dar explicacions de porque voltou esta licencia denegada a comision de goberno. ¿Cal e a explicacion? ¿Pretendia vulnerar o Plan Xeral?

O voceiro socialista afirmou que presentara unha pregunta no pleno do luns o alcalde e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, para que expliquen por que esta licencia voltou para a sua aprobacion a comision de goberno local, tendo claramente un informe en contra”

jueves, 27 de mayo de 2010

El PSOE y comerciantes del mercadillo exigen la regulacion de la venta ambulante

O Grupo Municipal socialista, acompañado polo presidente da Asociacion de Comerciantes Marroquis de Pontevedra, Mustapha Abdelaoiu, esixiron na maña de hoxe a urxente regulacion da venda ambulante ante as situacion de desgoberno do mercadillo

O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro compareceu hoxe en roda de prensa acompañado polo Presidente da Asociacion de Comerciantes marroquis en Galicia, para valorar a situacion do mercadillo de venda ambulante do Porriño e para presentar a proposta de regulamento de venda ambulante que o PSOE presentara o vindeiro luns, no transcurso do pleno ordinario que celebrara a Corporacion.

O Voceiro socialista afirmou que a situacion do mercadillo e insostible pola falta de regulacion, e lembrou que o Decreto de venda ambulante da Xunta de Galicia, obriga os concellos a regular a venda ambulante. Vaqueiro fixo un repaso da situacion do mercadillo dende que sendo concelleiro de comercio, impulsou un regulamento que foi aprobado inicialmente polo Pleno por unanimidade, no 2005, pero que foi incomprensiblemente rexeitado polos partidos politicos da Corporacion na sua aprobacion definitiva, sen que ningun partido a pesar das chamadas do PSOE apelando a importancia do asunto, quixese negociar o regulamento.

Vaqueiro afirmou que a proposta do PSOE se presentara por responsabilidade e cun obxetivo constructivo, regular a venda ambulante, aportanto a sua proposta de regulamento como documento para negociar o novo regulamento. "Queremos licencias persoais e intransferibles otorgadas dentro da lei e no rexime autonomo que marca a Xunta, e non a dedo"

Dende o PSOE, afirmaron que esixen a Nelson Santos, o igual que fixeron co anterior goberno, que non permitan e toleren as situacions de desigualdade e inxustizas que se estan a dar no mercadillo e asuma a sua responsabilidade, pois se trata dunha competencia municipal. Vaqueiro foi taxante: " Santos debe regular o mercadillo ou explicar por que non quere facelo, senon sera complice desta situacon unica en Galicia".

O PSOE afirmou que entregara copia da sua proposta de regulamento a Asociacion de Comerciantes do Porriño para recabar a sua oponion. Vaqueiro rematou a sua intervencion apelando a responsabilidade da Corporacion para evitar que sigan producindose situacions de marxinacion e inxustizas. "O concello esta para garantizar a igualdade e a legalidade, non para facerse o sueco e mirar para outro lado".

Pola sua parte, Mustapha Abdelaoui foi moi duro co Concello afirmando que leva dende o ano 1988 no mercadillo e que na actualidade, xa non pode vender no mesmo porque foron marxinados, a pesar de ter todo en regla, ser autonomos e ter antiguidade. Mustapha afirmou que leva meses intentando falar co novo concelleiro de comercio sen recibir resposta. "Se o concelleiro non manda, se o alcalde non manda no mercadillo, quen mada aqui e por que permite isto", afirmou o Abdelaoiu.

A roda de prensa, a que ademais asistiron moitos comerciantes do mercadillo, foi testigo polas intervencions de varios comerciantes, do desbaraxuste existente no mercadillo, e da necesidade de regulalo de xeito urxente. "Levamos catro meses sen poder vender no Porriño, afirmaba Fatima, outra vendedora. Catro meses nos que veño dende Pontevedra a falar co concelleiro e non me reciben. ¿Quen manda no mercadillo? Eu teño todo en regla.

martes, 25 de mayo de 2010

A Deputación de Pontevedra non prevé facer o campo de céspede artificial en Pontellas e o PSOE presentará unha moción no pleno

Olmedo e Vaqueiro na sede socialista

O Deputado Provincial Jose Antonio Olmedo informou ó Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, da resposta á pregunta do PSdeG-PSOE sobre a planificaciòn de novos campos de cespede artificial previstos pola Deputación de Pontevedra afirmando que non se prevé o campo do Clube de Fútbol de Pontellas nin para este ano nin para o 2011.



O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro foi informado polo Deputado Provincial Jose Antonio Olmedo, da resposta negativa á pregunta do grupo socialista na Deputación na que se solicitaba coñecer a planificación de Campos de Céspede Artifical en Pontevedra para o 2010, na que que non aparece a proposta do Campo do Pontellas.

O Voceiro socialista confirmou que o PSdeG-PSOE presentará unha inciativa no vindeiro pleno para que o goberno local solicite á Deputación que o Campo do Pontellas, sexa incluido na previsión de novos campos dotados de céspede artificial, para o 2011, dada a importancia que o clube de Fútbol do Pontellas ten na actualidade.

Segundo o deputado Jose Antonio Olmedo, a propia Deputación animou a que dende o Concello do Porriño se presente unha inicitativa ante a deputación para incluir este campo nas futuras inversións en campos de céspede artificial que a Deputación pensa construir en 2011. O propio Olmedo confirmou que o propio grupo socialista na deputación presentará á súa vez unha iniciativa no pleno provincial.
Segundo o socialista Iván Vaqueiro, O Porriño é un concello cunha importante entidade deportiva, e que comparativamente a outros concellos da zona con máis campos de céspede financiados pola Deputación, merece ter outro campo, e por elo instará ó goberno local a que solicite este campo e planifique partidas municipais para poder facer fronte a obras de mellora do campo que fosen necesarias para este novo campo.

Para elo, o socialista afirmou que a moción que presentarán no vindeiro pleno ordinario terá como fin acadar un acordo unánime por parte da Corporación para poder logo ser transmitido á Deputación de Pontevedra.

miércoles, 19 de mayo de 2010

O PSOE cree que o retraso dos orzamentos municipais é un síntoma da parálise do goberno local


O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que a este ritmo, o orzamento non será presentado ata o mes de xullo, e aprobado en agosto.


O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe que o seu grupo lamenta que en case catro meses, o novo goberno local, non teña inda elaborado nin o anteproxecto de orzamentos municipais, o que levará ós socialistas a presentar un paquete de propostas para a súa elaboración, e para non retrasalo máis.

Así o trasladará o Voceiro e Secretario Xeral dos Socialistas Porriñeses durante o transcurso da vindeira reunión da Comisión Executiva Local dos Socialistas do Porriño, que se celebrará o vindeiro luns 24.

O Voceiro socialista confirmou que o PSdeG-PSOE traballará na elaboración dunha proposta de orzamentos que incluirá unha proposta de inversións e tamén de reducción do déficit do Concello.

Segundo os socialistas, esta parálise está a afectar ó nivel de contratación pública do Concello, que tan só está a executar o Plan E, que nin xestionou nin propuxo.

Parálise do goberno e inicitativa socialista

O Voceiro socialista afirmou que o seu grupo, ademáis, presentará ata 10 mocións no vindeiro pleno ordinario, para incentivar a actuación do goberno local, que segundo o PSOE, se atopa paralizado políticamente.

Entre as propostas que presentará o PSOE, Vaqueiro adiantou que irán dirixidas ós crecentes problemas nas parroquias, un plan de emprego municipal para incentivar a contratación de desempregados, unha proposta de ordenanza de venda ambulante, o aumento de partidas de carácter social e educativo e un impulso á varias iniciativas medioambientais. O PSOE tamén presentará unha iniciativa para que o concello adxudique os traballos de redacción da Relación de Postos de Traballo do Concello (RPT)..

martes, 11 de mayo de 2010

O PSOE ve o goberno local paralizado e dividido.


O Voceiro do Grupo Municipal Socialista valorou hoxe a actuación do goberno local como “un goberno paralizado, dividido e cun exceso de protagonismo de CxP”


O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que ve con preocupación a crecente división interna no goberno local como un problema que comeza a afectar á xestión e a ser percibido pola cidadanía do Porriño.

Segundo o voceiro socialista, a parálise do goberno non é só política, senon que comeza a ser de xestión, así como liortas internas polo protagonismo mediatico. “Vemos todos os días como o o partido do alcalde, CxP, ocupa competencias doutros partidos e realiza xestións pola súa conta que non se corresponden coas competencias atribuidas no decreto de áreas do novo goberno local. Casos como os da reforma da fonte do Cristo, ou as obras anunciadas hoxe na parroquia de Pontellas, claras competencias do PP do Porriño, estan a ser ocupadas por CxP, o que xenera situacións de descordinación. Non temos un goberno de tres, temos un goberno de CxP que marxina ó PP e a IdeP – afirmou Vaqueiro.”

Vaqueiro foi ademáis crítico coa parálise política que o goberno puxo en marcha no pleno da Corporación. Segundo o socialista, temos que ter pleno o día 21 de Maio, e inda non se convocaron as comisións informativas, algo que para o PSOE, só siginifica que “ou non teñen temas de calado, algo incomprensible en dous meses, ou non teñen iniciativas políticas”

É por elo, afirmou Vaqueiro, que “dende o PSOE, temos a responsabilidade de facer esta crítica, agora que o goberno cumpre 100 días, porque rematou o período de proba, e os porriñeses xa poden ver que temos un goberno desunido e sen proxecto, incapaz de xestionar inversións, que trata de paralizar a democracia e pouco avenidos entre eles”.

Como conclusión, o voceiro do PSOE afirmou que o seu partido presentará no vindeiro pleno un paquete de iniciativas destinadas a incentivar a labor de goberno. “Non compartimos a xestión nin as formas deste goberno, pero cando menos, no ano que lles queda, esixímoslle que se poña a traballar”.

miércoles, 5 de mayo de 2010

O PSOE tacha de despilfarro incomprensible la obra de soterramento da cristaleira que albergaba as vias do tranvia, mentres obras prioritarias se paralizan


O Voceiro Socialista do PSdeG-PSOE do Porriño, Ivan Vaqueiro calificou hoxe as obras de soterramento da obra da cristaleira que albergaba os vellos rais da autovia, situada na rua peatonal de ramon Gonzalez", de "desproposito e despilfarro incomprensible do goberno local que cada dia nos sorprende cunha nova ocurrencia".

O socialista quixo trasladar a indignacion veciñal ante unha obra que nin era prioritaria, nin urxente, e lembrou o Concelleiro de Obras, Manuel Carrera que obras realmente urxentes como o saneamento das parroquias, as melloras nos colexios, o lamentable estado das pistas deportivas de Torneiros ou o abandono de barrios como San benito non se fan, mentres esta obra innecesaria se executa con urxencia maxima. Vaqueiro afrimou que Manuel Carrera esta batindo o record de obras sen sentido e mal planificadas como os badens da estrada da Risca, a retirada incomprensible dos bancos antigos da praza do Cristo dos Cachos (esta semana), ou esta mesma.

Segundo Vaqueiro, durtante todo o dia "varios veciños amosaronme a sua indignacion contra unha obra que nos tempos que corren, e un autentico despilfarro, con comentarios como "que o pague Carrera" ou "esta goberno tira os cartos".

O PSOE, que solicitou xa esta maña os sevicios do concello, coñecer o coste a obra de soterramento da cristaleira , afirmou que pedira responsabilidades politicas por este despilfarro o alcalde Nelson Santos.

lunes, 3 de mayo de 2010

O PSOE esixe ó goberno local que active o Convenio de Soterramento da Alta Tensión no Polígono de As Gándaras e Torneiros


O Grupo Municipal Socialista esixiu hoxe ó goberno local, a través do seu concelleiro e portavoz socialista na comisión de Urbanismo, Vías e Obras, Fernando Rodríguez, que non paralice o Convenio de Soterramento das liñas de Alta Tensión no Polígono de As Gándaras e na parroquia de Torneiros, cun orzamento de 4 millóns de euros

O voceiro municipal socialista na comisión de Urbanismo, Vías e Obras, o concelleiro Fernando Rodríguez, informou hoxe da preocupación do grupo socialista ante a posibilidade de que prescriba o convenio asinado pola Consellería de Industria, Fenosa e o Concello do Porriño para a execución das obras de soterramento dos tendidos de alta tensión na parroquia de Torneiros e no Polígono de As Gándaras, algo que segundo Rodríguez “pode pasar se o goberno non executa estas obras antes de final de este ano 2010, pois o convenio asinado tiña esa periodicidade”.
Para Rodríguez, o goberno local debe retomar o contacto coa Xunta de Galicia para evitar que se perdan eses fondos, porque nin os veciños do Porriño e Torneiros, nin os empresarios entenderían que o Concello perdese os 4 millóns de euros de inversión que establecía o mesmo. Este proxecto permitiria invertir 2,9 millons no Poligono de As Gandaras, e 1 millon de euros en Torneiros para eliminar os tendidos de alta tension, algo moi demandado pola parroquia porriñesa de Torneiros, asi como polos propios empresarios que esperan mellorar a calidade do suministro electrico con esta actuacion.
Rodríguez, que afirmou que o seu grupo faría unha pregunta sobre este tema no vindeiro pleno ordinario, informou tamén que rexistraría un escrito no rexistro do Concello dirixido ó alcalde e ós concelleiros de Industria e Vías e Obras, Manuel Carrera e Marcelino Coto, para que se poñan en marcha neste tema.
“Se o goberno local perde os 4 millóns de euros deste convenio, faremos ó goberno responsable deste desastre”, afirmou o concelleiro socialista.