martes, 25 de mayo de 2010

A Deputación de Pontevedra non prevé facer o campo de céspede artificial en Pontellas e o PSOE presentará unha moción no pleno

Olmedo e Vaqueiro na sede socialista

O Deputado Provincial Jose Antonio Olmedo informou ó Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, da resposta á pregunta do PSdeG-PSOE sobre a planificaciòn de novos campos de cespede artificial previstos pola Deputación de Pontevedra afirmando que non se prevé o campo do Clube de Fútbol de Pontellas nin para este ano nin para o 2011.



O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro foi informado polo Deputado Provincial Jose Antonio Olmedo, da resposta negativa á pregunta do grupo socialista na Deputación na que se solicitaba coñecer a planificación de Campos de Céspede Artifical en Pontevedra para o 2010, na que que non aparece a proposta do Campo do Pontellas.

O Voceiro socialista confirmou que o PSdeG-PSOE presentará unha inciativa no vindeiro pleno para que o goberno local solicite á Deputación que o Campo do Pontellas, sexa incluido na previsión de novos campos dotados de céspede artificial, para o 2011, dada a importancia que o clube de Fútbol do Pontellas ten na actualidade.

Segundo o deputado Jose Antonio Olmedo, a propia Deputación animou a que dende o Concello do Porriño se presente unha inicitativa ante a deputación para incluir este campo nas futuras inversións en campos de céspede artificial que a Deputación pensa construir en 2011. O propio Olmedo confirmou que o propio grupo socialista na deputación presentará á súa vez unha iniciativa no pleno provincial.
Segundo o socialista Iván Vaqueiro, O Porriño é un concello cunha importante entidade deportiva, e que comparativamente a outros concellos da zona con máis campos de céspede financiados pola Deputación, merece ter outro campo, e por elo instará ó goberno local a que solicite este campo e planifique partidas municipais para poder facer fronte a obras de mellora do campo que fosen necesarias para este novo campo.

Para elo, o socialista afirmou que a moción que presentarán no vindeiro pleno ordinario terá como fin acadar un acordo unánime por parte da Corporación para poder logo ser transmitido á Deputación de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario