O Grupo Municipal socialista, acompañado polo presidente da Asociacion de Comerciantes Marroquis de Pontevedra, Mustapha Abdelaoiu, esixiron na maña de hoxe a urxente regulacion da venda ambulante ante as situacion de desgoberno do mercadillo
O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro compareceu hoxe en roda de prensa acompañado polo Presidente da Asociacion de Comerciantes marroquis en Galicia, para valorar a situacion do mercadillo de venda ambulante do Porriño e para presentar a proposta de regulamento de venda ambulante que o PSOE presentara o vindeiro luns, no transcurso do pleno ordinario que celebrara a Corporacion.
O Voceiro socialista afirmou que a situacion do mercadillo e insostible pola falta de regulacion, e lembrou que o Decreto de venda ambulante da Xunta de Galicia, obriga os concellos a regular a venda ambulante. Vaqueiro fixo un repaso da situacion do mercadillo dende que sendo concelleiro de comercio, impulsou un regulamento que foi aprobado inicialmente polo Pleno por unanimidade, no 2005, pero que foi incomprensiblemente rexeitado polos partidos politicos da Corporacion na sua aprobacion definitiva, sen que ningun partido a pesar das chamadas do PSOE apelando a importancia do asunto, quixese negociar o regulamento.
Vaqueiro afirmou que a proposta do PSOE se presentara por responsabilidade e cun obxetivo constructivo, regular a venda ambulante, aportanto a sua proposta de regulamento como documento para negociar o novo regulamento. "Queremos licencias persoais e intransferibles otorgadas dentro da lei e no rexime autonomo que marca a Xunta, e non a dedo"
Dende o PSOE, afirmaron que esixen a Nelson Santos, o igual que fixeron co anterior goberno, que non permitan e toleren as situacions de desigualdade e inxustizas que se estan a dar no mercadillo e asuma a sua responsabilidade, pois se trata dunha competencia municipal. Vaqueiro foi taxante: " Santos debe regular o mercadillo ou explicar por que non quere facelo, senon sera complice desta situacon unica en Galicia".
O PSOE afirmou que entregara copia da sua proposta de regulamento a Asociacion de Comerciantes do Porriño para recabar a sua oponion. Vaqueiro rematou a sua intervencion apelando a responsabilidade da Corporacion para evitar que sigan producindose situacions de marxinacion e inxustizas. "O concello esta para garantizar a igualdade e a legalidade, non para facerse o sueco e mirar para outro lado".
Pola sua parte, Mustapha Abdelaoui foi moi duro co Concello afirmando que leva dende o ano 1988 no mercadillo e que na actualidade, xa non pode vender no mesmo porque foron marxinados, a pesar de ter todo en regla, ser autonomos e ter antiguidade. Mustapha afirmou que leva meses intentando falar co novo concelleiro de comercio sen recibir resposta. "Se o concelleiro non manda, se o alcalde non manda no mercadillo, quen mada aqui e por que permite isto", afirmou o Abdelaoiu.
A roda de prensa, a que ademais asistiron moitos comerciantes do mercadillo, foi testigo polas intervencions de varios comerciantes, do desbaraxuste existente no mercadillo, e da necesidade de regulalo de xeito urxente. "Levamos catro meses sen poder vender no Porriño, afirmaba Fatima, outra vendedora. Catro meses nos que veño dende Pontevedra a falar co concelleiro e non me reciben. ¿Quen manda no mercadillo? Eu teño todo en regla.

No hay comentarios:
Publicar un comentario