O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que a este ritmo, o orzamento non será presentado ata o mes de xullo, e aprobado en agosto.
O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe que o seu grupo lamenta que en case catro meses, o novo goberno local, non teña inda elaborado nin o anteproxecto de orzamentos municipais, o que levará ós socialistas a presentar un paquete de propostas para a súa elaboración, e para non retrasalo máis.
Así o trasladará o Voceiro e Secretario Xeral dos Socialistas Porriñeses durante o transcurso da vindeira reunión da Comisión Executiva Local dos Socialistas do Porriño, que se celebrará o vindeiro luns 24.
O Voceiro socialista confirmou que o PSdeG-PSOE traballará na elaboración dunha proposta de orzamentos que incluirá unha proposta de inversións e tamén de reducción do déficit do Concello.
Segundo os socialistas, esta parálise está a afectar ó nivel de contratación pública do Concello, que tan só está a executar o Plan E, que nin xestionou nin propuxo.
Parálise do goberno e inicitativa socialista
O Voceiro socialista afirmou que o seu grupo, ademáis, presentará ata 10 mocións no vindeiro pleno ordinario, para incentivar a actuación do goberno local, que segundo o PSOE, se atopa paralizado políticamente.
Entre as propostas que presentará o PSOE, Vaqueiro adiantou que irán dirixidas ós crecentes problemas nas parroquias, un plan de emprego municipal para incentivar a contratación de desempregados, unha proposta de ordenanza de venda ambulante, o aumento de partidas de carácter social e educativo e un impulso á varias iniciativas medioambientais. O PSOE tamén presentará unha iniciativa para que o concello adxudique os traballos de redacción da Relación de Postos de Traballo do Concello (RPT)..
No hay comentarios:
Publicar un comentario