lunes, 3 de mayo de 2010

O PSOE esixe ó goberno local que active o Convenio de Soterramento da Alta Tensión no Polígono de As Gándaras e Torneiros


O Grupo Municipal Socialista esixiu hoxe ó goberno local, a través do seu concelleiro e portavoz socialista na comisión de Urbanismo, Vías e Obras, Fernando Rodríguez, que non paralice o Convenio de Soterramento das liñas de Alta Tensión no Polígono de As Gándaras e na parroquia de Torneiros, cun orzamento de 4 millóns de euros

O voceiro municipal socialista na comisión de Urbanismo, Vías e Obras, o concelleiro Fernando Rodríguez, informou hoxe da preocupación do grupo socialista ante a posibilidade de que prescriba o convenio asinado pola Consellería de Industria, Fenosa e o Concello do Porriño para a execución das obras de soterramento dos tendidos de alta tensión na parroquia de Torneiros e no Polígono de As Gándaras, algo que segundo Rodríguez “pode pasar se o goberno non executa estas obras antes de final de este ano 2010, pois o convenio asinado tiña esa periodicidade”.
Para Rodríguez, o goberno local debe retomar o contacto coa Xunta de Galicia para evitar que se perdan eses fondos, porque nin os veciños do Porriño e Torneiros, nin os empresarios entenderían que o Concello perdese os 4 millóns de euros de inversión que establecía o mesmo. Este proxecto permitiria invertir 2,9 millons no Poligono de As Gandaras, e 1 millon de euros en Torneiros para eliminar os tendidos de alta tension, algo moi demandado pola parroquia porriñesa de Torneiros, asi como polos propios empresarios que esperan mellorar a calidade do suministro electrico con esta actuacion.
Rodríguez, que afirmou que o seu grupo faría unha pregunta sobre este tema no vindeiro pleno ordinario, informou tamén que rexistraría un escrito no rexistro do Concello dirixido ó alcalde e ós concelleiros de Industria e Vías e Obras, Manuel Carrera e Marcelino Coto, para que se poñan en marcha neste tema.
“Se o goberno local perde os 4 millóns de euros deste convenio, faremos ó goberno responsable deste desastre”, afirmou o concelleiro socialista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario