O Voceiro do Grupo Municipal Socialista valorou hoxe a actuación do goberno local como “un goberno paralizado, dividido e cun exceso de protagonismo de CxP”
O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que ve con preocupación a crecente división interna no goberno local como un problema que comeza a afectar á xestión e a ser percibido pola cidadanía do Porriño.
Segundo o voceiro socialista, a parálise do goberno non é só política, senon que comeza a ser de xestión, así como liortas internas polo protagonismo mediatico. “Vemos todos os días como o o partido do alcalde, CxP, ocupa competencias doutros partidos e realiza xestións pola súa conta que non se corresponden coas competencias atribuidas no decreto de áreas do novo goberno local. Casos como os da reforma da fonte do Cristo, ou as obras anunciadas hoxe na parroquia de Pontellas, claras competencias do PP do Porriño, estan a ser ocupadas por CxP, o que xenera situacións de descordinación. Non temos un goberno de tres, temos un goberno de CxP que marxina ó PP e a IdeP – afirmou Vaqueiro.”
Vaqueiro foi ademáis crítico coa parálise política que o goberno puxo en marcha no pleno da Corporación. Segundo o socialista, temos que ter pleno o día 21 de Maio, e inda non se convocaron as comisións informativas, algo que para o PSOE, só siginifica que “ou non teñen temas de calado, algo incomprensible en dous meses, ou non teñen iniciativas políticas”
É por elo, afirmou Vaqueiro, que “dende o PSOE, temos a responsabilidade de facer esta crítica, agora que o goberno cumpre 100 días, porque rematou o período de proba, e os porriñeses xa poden ver que temos un goberno desunido e sen proxecto, incapaz de xestionar inversións, que trata de paralizar a democracia e pouco avenidos entre eles”.
Como conclusión, o voceiro do PSOE afirmou que o seu partido presentará no vindeiro pleno un paquete de iniciativas destinadas a incentivar a labor de goberno. “Non compartimos a xestión nin as formas deste goberno, pero cando menos, no ano que lles queda, esixímoslle que se poña a traballar”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario