miércoles, 2 de junio de 2010

O PSOE afirma que o pleno foi mostra da parálise do goberno

O Grupo Municipal Socialista valorou negativamente o pleno deste pasado luns ó constatar que tan só se presentaron 6 puntos dos cales 3 eran da época anterior ó goberno e outro unha adaptación a uha lei autonómica. Outros dous puntos foron retirados por estar mal preparados, mentres a oposición presentou 15 mocións, 8 delas, o grupo socialista, das cales tres foron aprobadas.


O Grupo Municipal Socialista afirmou hoxe que o pleno do pasado luns 31, amosou novamente a falta de iniciativas do goberno local ó presentar un pleno con tan só 6 puntos logo de dous meses. Segundo os socialistas o goberno está a paralizar a actividade plenaria amosando a súa falta de iniciativas, pois 3 deses puntos, xa foran levados a pleno polo anterior goberno local e votados en contra polos partidos que conforman hoxe o goberno, e outro, un era unha adaptación á nova normativa autonómica de policía local. "Nin siquera, tiveron a delicadeza de cambiar os puntos. Levaronos e aprobáronos tal e como os votaran en contra..." afirman dende o PSOE.

Segundo os socialistas, mentres o goberno segue amosando que non quere saber do pleno e que é un estorbo para eles, a oposición sí fai os deberes, e mostra delo foron as 8 mocións do grupo socialista, das cales se aprobaron 3. As mocións aprobadas foron a elaboración dun Plan de Igualdade para o Concello do Porriño, dacordo á nova lexislación autonómica e estatal; a posta en marcha dun plan de mellora da accesibilidade ós edificios públicos; e a soliciturde ó INEGA dun servicio de prestamo gratuito de bicicletas para fometar habitos de vida saudable e contribuir á eficiencia enerxética.

O PSOE lamentou que o goberno local votase en contra de solicitar á Deputación un campo de cespede artificial para Pontellas, algo que a propia Deputación lle trasladara ó grupo socialista na Deputación. Sobre este asunto, ó propio PSOE local xa informou que presentarán na Deputación unha moción solicitando este campo, xa que o goberno local se posicionou en contra da iniciativa socialista.

Quedaron tamén denegadas polo goberno, as iniciativas do PSOE para a reducción de soldos do goberno local dacordo co novo Decreto estatal para a reducción de déficit, a sí como as mocións relativas á implantación dun sistema de xestión da seguridade e saude laboral dos traballadores do Concello, e a proposta de regulamento de venda ambulante proposta polo PSOE ó goberno, que ante a presión do grupo socialista, cambiou de parecer e respondeu ó grupo socialista que espera que o regulamento sexa aprobado antes de final desta lexislatura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario