viernes, 23 de julio de 2010

O Goberno plantexa subir o IAE (26%) as empresas e a taxa de lixo para os comercios



O Grupo Municipal Socialista presentou na maña de hoxe, dous votos particulares do seu grupo para solicitar a conxelacion do IAE e da taxa de lixo que o goberno local plantexa sobir no vindeiro pleno.
O grupo municipal socialista afirmou hoxe que o seu grupo pedira no vindeiro pleno ordinario da corporacion, a coxelacion do IAE e da taxa de lixo que o goberno local quere subir no proximo pleno.
No caso do IAE, o goberno local plantexa unha subida do coeficiente de ponderacion de 1,9 a 2,40, e dicir, unha subida cercana o 26%, para as empresas do termino municipal, que se aplicaria a partir de 2011.
No caso do lixo, o goberno local, plantexa unha subida tamen importante os establecementos mercantiisdo concello, que pasarian, coa proposta do goberno, no caso de particulares, a pagar:
                                                                     Taxa Actual     Taxa Proposta
a)      Ata 25 m2 de superficie ....................   41,94 €/ano    60 €/ano  (31% mas)     
b)      Máis de 25 a 50 m2 ..........................   45,44 €/ano     80 €/ano  (43% mas)      
c)      Máis de 50 a 100 m2 ........................   69,89 €/ano    100 €/ano (43% mas)       
d)      Máis de 100 a 200 m2 ...................... 104,84 €/ano   200 €/ano   (90% mas)     
e)      Máis de 200 a 400 m2 ...................... 209,70 €/ano    400 €/ano  (90% mas)       
f)        Máis de 400 m2 a 1000 m2... ..........  279,60 €/ano   750 €/ano  (160% mas)      
g)      Mais de 1.000 m2 (novo tramo) ......  279,60 €/ano  2.500 €/ano (700% mas)        

Segundo os socialistas, se trata dunha subida moi importante, que non se deberia dar nestes intres nos que a empresa e o pequeno comercio estan a soportar graves perxuizos debidos a situacion economica local, polo que pediran que se retire estas subidas e se conxelen as subidas impositivas no concello.

Para o PSOE, non e comprensible que o goberno, que inda non presentou o orzamento do ano 2010, plantexe agora subidas de solgo. "Esta subidas de impostos non son comprensibles, pois mentres o goberno non fai os deberes e trae o orzamento a pleno, pretende subir os impostos os porriñeses de maneira moi grave. Pedirmos o goberno que non demore mais o orzamento de 2010"

No hay comentarios:

Publicar un comentario