jueves, 1 de julio de 2010

O PSOE celebra unha asamblea definir a súa estratexia como alternativa maioritaria ó goberno tripartito nas eleccións de 2011.

A Agrupación Socialista do Porriño celebra este venres día 2 unha asamblea ordinaria para comezar a planificar a campaña electoral de 2011 e definir a súa estratexia como alternativa ó goberno que definiu de paralizado, incapaz de conseguir obras novas e do que se rí Feijoo e Louzán.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro informou hoxe que este venres ás 20:30 horas, a Agrupación Socialista do Porriño, celebrará unha asamblea ordinaria para comezar os traballos preparatorios das eleccións de 2011, valorar a situación política local e definir a súa estratexia como alternativa ó goberno tripartito do Porriño.

Segundo o secretario socialista, o PSdeG-PSOE abre con esta asamblea, a menos dun ano das eleccións municipais, o camiño que quere levar ó PSOE á Alcaldía do Porriño e poder acadar, co apoio cidadán, un alcalde socialista para Porriño. 

Vaqueiro valorou a situación actual do goberno local de desilución dos veciños pola parálise do Concello, o que se suma o retraso orzamentaria, o pouco interese polos temas estratéxicos que afectan a Porriño, e polo escaso interés que amosa o alcalde polos problemas reais dos veciños: “Temos un alcalde e un goberno máis preoucupado dos xantares populares e de recibir peregrinos que de visitar administracións, resolver ós problemas reais dos veciños a ou defender os intereses do noso pobo. Para isto non facía falta unha moción de censura”

O lider socialista afirma que o PSdeG-PSOE está a facer unha oposición constructiva, na idea de ser unha alternativa real que traballe polo Porriño e polos seus veciños. “Criticamos o que está mal e propoñemos o que cremos necesario. O problema é que o goberno local “va a su bola”, e  non negocia con ninguén, metendo a Porriño en veredas como a situación do mercadillo, paralizando obras, tratando de amordazar ó pleno, ou practicando unha política de caciqueo populista. Esto non pode ser o goberno dun pobo como o noso”.

Vaqueiro afirmou que o PSOE quere ser a alternativa a un goberno de tres, porque Porriño necesita un só goberno, non tres gobernos cos seus intereses e obxectivos contrapostos e que non acadan novos proxectos. "Nin un só novo proxecto en 4 meses, nin siquera, en papel. Eu creo que Feijoo e Louzán inda se están a rir do barato que lles sae a moción. Cero euros en inversións", e anunciou unha rolda de contactos durante todo o verán con veciños e colectivos porriñeses para coñecer a súa opinión e explicar o proxecto socialista.

O noso obxectivo, rematou Vaqueiro, “é convencer, dende o compromiso e a ilusión, con todos os porriñeses/as, de que é necesario un cambio político para recuperar a seriedade e a responsabilidade no Concello do Porriño e afrontar os grandes e pequenos problemas do Porriño entre todos e todas. Porriño somos todos.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario