O Vice-Secretario Xeral e concelleiro do Grupo Municipal Socialista, Fernando Rodríguez, afirmou hoxe que só a presión do PSOE serviu para solucionar parcialmente ós problemas do centro de saude e arremetou hoxe contra o goberno local e contra o seu alcalde ós que toldou de inoperantes ante os problemas do Centro de Saude
O Vice-Secretario Xeral e concelleiro do Grupo Municipal Socialista, Fernando Rodríguez afirmou hoxe que só a presión realizada polo PSOE local foi quen de solucionar o problema das altas temperaturas do Centro de Saude do Porriño, logo de que o SERGAS confirmase hoxe a compra de varios sistemas de refrixeración para o mesmo, mentres o goberno local non fixo absolutamente nada. “O Porriño está desgobernado con Nelson Santos”
Boa proba disto, dí Rodríguez, é a parálise do Concello, incapaz de afrontar un problema como este e de tal calado. O concelleiro criticou a Santos a suspensión do pleno do pasado 28 de Xullo onde o PSOE quería tratar o problema do centro de saude e afirmou que o actual alcalde leva 4 meses sen responder ás preguntas que o grupo socialista presenta por rexistro vulnerando os dereitos que os grupos teñen segundo o Regulamento de Funcionamento das Corporacións Locais. “É lamentable ter un alcalde que se non quere a democracia, que non respeta as súas mínimas normas e que se nega por sistema a escoitar ás demandas dos veciños que os grupos plantexamos”.
Rodríguez foi ademáis contundente con Santos, que se negou a responder as iniciativas do PSdeG sobre a grave situación que vive o centro de saude do Porriño polas súas altas temperaturas e a paralización do proxecto de reforma do mesmo, afirmando que “ Santos abandonou ós porriñeses á súa sorte”. Unha situación, afirma Rodríguez, intolerable.
Dende o PSOE afirman que “non podemos entender que un alcalde, sendo conscente desta situación, nin sequera se dignase a charmar ó Centro de Saude ou á Xunta para informarse do que acontece, e negue ademáis ó PSdeG a posibilidade de informalo do que acontece, xa que el só se adica a ir a festas e a enterros”
Rodríguez afirmou como conclusión que agardan que a Xunta cumpla os seus compromisos na reforma do centro de Saude do Porriño para que conte con todos os servizos que os Porriñeses se merecen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario