jueves, 26 de agosto de 2010

O PSOE presentará alegacións á brutal subida da taxa de lixo ós comercios e do IAE ás pemes do Porriño.


O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro informou hoxe de que o seu grupo presentará alegacións á taxa de recollida de lixo aprobada polo goberno local o pasado 28 de Xullo por ser unha subida totalmente desproporcionada no intre actual.


O Secretario Xeral do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, informou hoxe que o seu grupo presentará estes días, unha alegación á aprobación inicial da taxa de recollida de lixo aprobada inicialmente polo goberno local fai unhas semanas, e que se atopa en período de exposición pública.

O secretario xeral dos socialistas porriñeses, argumenta que a subida non só non é escalonada, como lle propuxemos ó goberno, senón que é escandalosamente alta para os comerciantes e as pequenas e medianas empresas, que son as que xeneran máis actividade no noso Concello. Segundo o PSOE, estas subidas non se corresponden coa realidade económica actual, e mentres o goberno local oculta a situación da dédeba das canteiras, pretende subir as taxas as empresas e comercios do Porriño.

Para Vaqueiro, o goberno local tratou de esconder a subida cunha proposta irrealizable de exención do pago da taxa ós desempregados, que simplemente, non se pode realizar técnicamente. Pero se valeu desta pantalla para ocultar a verdadeira modificación da taxa.

O socialista recomendou ó goberno que pare a súa voráxine impositiva e planifique a medio prazo, unha subida máis escalonada para equiparar a taxa ó coste real do servizo, con pequenas subidas nos vindeiros 10 anos, para evitar, como se vai facer agora, subidas, nalgúsn casos, superiores ó 100% do coste actual da taxa. (ver cuadro)

Vaqueiro anunciou, como conclusión, que asesorarán ós comerciantes que queiran facelo, para que presenten a súa alegación ante o Concello pola subida da taxa, pois o prazo para alegar está aberto ata o día 1 de Setembro.

Taxa Actual Nova Taxa aprobada

a) Ata 25 m2 de superficie .................... 41,94 €/ano 60 €/ano (31% mas)

b) Máis de 25 a 50 m2 .......................... 45,44 €/ano 80 €/ano (43% mas)

c) Máis de 50 a 100 m2 ........................ 69,89 €/ano 100 €/ano (43% mas)

d) Máis de 100 a 200 m2 ...................... 104,84 €/ano 200 €/ano (90% mas)

e) Máis de 200 a 400 m2 ...................... 209,70 €/ano 400 €/ano (90% mas)

f) Máis de 400 m2 a 1000 m2... .......... 279,60 €/ano 750 €/ano (160% mas)

g) Mais de 1.000 m2 (novo tramo) ...... 279,60 €/ano 2.500 €/ano (700% mas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario