O secretario de cultura da executiva local do PSdeG-PSOE, Miguel Taboas, calificou hoxe a programación das Festas do Cristo como "a fin da participación veciñal na programación das festas, mentras se eliminan eventos consolidados e se nos presenta una escasa programación infantil, de animación e teatro e actos culturais baixo excusas económicas". Asimesmo, lamentou a desaparición do Festival Inter-contra Cultura, un evento que atraíaa moitos turistas e amantes deste estilo musical e apoiaba a grupos locais de hip-hop.
O secretario de cultura da Executiva Local Socialista, Miguel Taboas, afirmou hoxe que o programa de Festas do Cristo realizado polo goberno local, rebaixou a calidade das festas ó eliminar eventos consolidados e presentar unha escasa programación para nenos e nenas, así como unha merma importante da animación de rúa, eventos teatrais, culturais, etc... Ademáis, acusou ó goberno de eliminar a participacion veciñal e de fagocitar eventos cunha longa tradición como o Festival Inter-Contra Cultura.
Táboas afirmou que a programación está a deixar de lado ós porriñeses e porriñesas así como ós colectivos que antes participaban na elaboración da mesma, e que aportaban iniciativas e enriquecían as festas.
“A excusa económica que plantexa o goberno local non é certa, senon que se está a pagar a algúns o que piden e máis, mentras a outros, se lles recortan participacións na mesma, afirmou Táboas”.
Dende o PSdeG-PSOE, en concreto, se lamentou que un evento como o Festival Inter-contra Cultura, que xa tiña unha fonda tradición, fose cancelado sen dar explicacións, ó tempo que as festas perden atractivo na comarca. Un festival, afima o socialista, que era plataforma de moitos grupos locais.
Por outro lado, o PSOE lamentou a escasa programación para nenos e nenas do municipio, que antes contaban con moita máis animación de rúa e eventos dirixidos a eles, así como outros actos de carácter cultural ou de teatro. "As festas teñen que ser para todos os gustos", afirmou.
Asimesmo, o secretario de cultura socialista, afirmou que “agardamos que o Concello non elimine tamén o tradicional concerto do Re-Cristo de grupos locais, que é un evento que sempre apoiou ós grupos do noso Concello, e que vemos que está a perigar”.
Como conclusión, o PSOE afirmou que lamenta “ a escasa e tardía planificación das Festas, así como a súa merma en calidade e participación dos Porriñeses”
No hay comentarios:
Publicar un comentario