sábado, 30 de octubre de 2010

Iván Vaqueiro e Luis Piña se reunen no Congreso dos Deputados para tratar a ampliación da senda do Louro e a parálise do goberno local na execución dos proxectos do Plan E para Porriño




O Secretario Xeral do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro e o deputado socialista por Pontevedra, Luis Gómez Piña, reuniíronse no Congreso dos Deputados para tratar a obra de ampliación da Senda do río Louro, e valorar a situación de parálise das obras do Plan E de Porriño

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño e o deputado socialista Luis Gómez Piña, reuníronse no Congreso dos deputados para informar sobre o próximo inicio das obras de ampliación da senda do Louro, obra que executará a Confederación Hidrográfica

O deputado Luis Gómez Piña lembrou que esta obra será posible gracias á introducción fai un ano dunha enmenda nos orzamentos do Estado, concretamente, os do Ministerio de Medio Ambiente, por indicación do grupo socialista do Porriño para este fin, partida da que Iván Vaqueiro puido constatar o seguemento que o deputado socialista está a facer para que se poida executar canto antes.

A tal efecto, o deputado Luis Piña, informou a Iván Vaqueiro que próximamente, o Presidente  da Confederación Hidrográfica visitará Porriño para coñecer persoalmente as partes do río onde se iniciarán os traballos de ampliación da senda fluvial do Louro, obra que ten previsto o seu inicio en próximas datas. Segundo Luis Piña, “a obra permitirá ampliar o trazado da senda iniciada a carón do río Louro, para uso e disfrute non só dos veciños do centro urbán, senon tamén das parroquias de Pontellas e Budiño.” 

Retraso nas obras do Plan E 2010

Vaqueiro aproveitou a visita para trasladar ó deputado socialista, a inquedanza dos porriñeses polo importante retraso que están a sufrir as obras do Plan E 2010 concedidas a Porriño por mor da mala xestión que o alcalde Nelson Santos e o seu equipo de goberno, está a facer destes fondos, que ascenden a 1,9 millóns de euros, e que segundo anunciou Vaqueiro, poden chegar a perderse se o goberno local non fai os seus deberes.

“É triste, afirmou Vaqueiro, que un Concello como Porriño teña que pedir ó goberno de España unha prorroga para poder executar correctamente as obras deste Plan. É unha mostra da gran parálise que vive Porriño con este alcalde”

Vaqueiro tildou de inoperante ó goberno actual, que foi incapaz primeiro, de presentar uns orzamentos para o 2010, nin agora, de facer as obras do Plan E, que probablemente terán que solicitar unha prorroga na súa execución.

Pola súa parte, Luis Gómez Piña, compartiu a preocupación do portavoz socialista e animou ó goberno local a non perder “nin un segundo” na execución destas obras tan necesarias para Porriño.

viernes, 29 de octubre de 2010

O PSOE presentará alegacións ó Regulamento de Pleno aprobado polo goberno local sen consensuar e o tilda de “retroceso democrático”

A secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, informou hoxe que o partido socialista analiza estes días o regulamento de organización do pleno da corporación aprobado sen consenso polo equipo de goberno, ó considerar que representa un grave recorte de dereitos da oposición e unha volta ós tempos de oscurantismo e falta de respeto democrático ós grupos da corporación.

A secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, informou hoxe que tras o último pleno da corporación, no que se aprobou o novo regulamento de organización do pleno da corporación, “queda confirmado o intento do alcalde Nelson Santos de eliminar ó máximo posible a participación da oposición no pleno do Porriño, con o que estase a eliminar a voz de todos os porriñeses no pleno, o importante non e que os partidos da oposición non teñan posibilidades reais de controlar e opoñerse as decisións do Alcade, o relevante es que con este regulamento el Sr. Santos recoñece que el só goberna para os seus.

A secretaria socialista amosouse moi crítica cun regulamento que elimina a posibilidade de presentar máis de tres mocións no pleno, limita os tempos de intervención en cada asunto a escasos dous- tres minutos, e introduce elementos de control sobre a oposición que van moito máis alá do que establece o Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, o texto estatal vixente en materia de organización plenaria.

“O máis lamentable, afirmou García de la Torre, é que este regulamentos e aprobe inicialmente sen nin sequera levantar o teléfono e pedir opinión ós grupos que conforman o pleno. Parece que para  ó alcalde os veciños só existen para felicitalos nos cumpleanos e para abrazalos nas festas, pero non ten reparos en recortar o dereitos dos seus representantes cada vez que pode. Para él a oposición non existe” 

A secretaria socialista acusou tamén os outros membros do Goberno Municipal, por non plantar cara a Santos nun tema que o PSOE considera que non comparten co actual alcalde, conformándose con ser meras “comparsas” de Ciudadanos por Porriño. “Pedimos a IdeP e ó PP que se fagan valer no goberno, ou serán complices desta política de retroceso democrático.”

García de la Torre rematou afirmando que o PSOE presentará varias alegacións na exposición pública do regulamento que agarda poder negociar co equipo de goberno.

miércoles, 6 de octubre de 2010

O PSOE tacha o goberno local de irresponsable por non presentar orzamentos no 2010 e o advirte de que non deixe prescribir a débeda das canteiras


A secretaria de política municipal socialista do Porriño, Eva García de la Torre, valorou hoxe, tras a reunión este luns da comisión executiva local do PSdeG-PSOE, a negativa do goberno local a presentar no vindeiro pleno os orzamentos para o 2010 como "un exercicio de irresponsabilidade ante os veciños do Porriño" e advertiu ó alcalde da necesidade de resolver o problema da débeda das canteiras antes de que esta poida prescribir.


Eva García de la Torre, secretaria de Política Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño, compareceu hoxe para valorar o contido do pleno da Corporación Municipal que se celebrará o vindeiro luns 11 de Outubro, do que afirmou que “vistos os puntos recollidos na orde do día do mesmo, temos que amosar a nosa preocupacion porque neste Pleno tampouco se vaian a presentar os orzamentos para o ano 2011."

"Se isto segue así, os orzamentos en vigor se prorrogarán o que é un exercicio de auténtica irresponsabilidade, posto que os orzamentos actualmente en vigor foron realizados nun momento económico expansionista e non de crise como o que actualmente pacedemos."

"De confirmarse esta sospeita - afirmou García de la Torre- os responsables da actual Corpración Municipal acudirán al endebedamento ou ao incremento dos impostos os pequenos comerciantes e as familias, sen explicar en que se van a gastar eses cartos, en vez de facer os deberes que asumiron no momento en que presentaron a Moción de Censura que lles deu o Poder, co irremediable perxuizo que esta irresponsable actitude ocasiona os cidadans porriñeses."

García De la Torre lembrou que "existindo como existe a favor do Concello unha débeda cos canteiros de mais de 5 millóns de euros, non parece que o actual Goberno estea disposto a reclamar e nin sequera a impedir a súa prescrición por falta de reclamación, pero si a subir os impostos ós porriñeses e porriñesas"

A secretaria socialista afirmou que a comisión executiva local do PSdeG-PSOE decidiu trasladar a través do grupo municipal socialista, unha moción para debatir a situación da débeda das canteiras. “non se pode esixir ós porriñeses máis esforzo fiscal mentras se se fai a vista gorda en temas tan importantes como a débeda das Canteiras.”