martes, 16 de noviembre de 2010

O PSOE afirma que as declaraciones de Coto, amosan as diferencias de PP, CxP e IdeP


A secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, compareceu hoxe para valorar as declaracións feitas polo Alcalde do Porriño, Nelson Santos nas que renuncia a presentar uns presupostos para o presente ano e as do segundo tenente alcalde e voceiro de IdeP sobre os problemas internos no goberno polas listas..


A secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, valorou hoxe as declaracións realizadas nos últimos días do Alcalde do Porriño nas que renunciaba expresamente a presentar os presupostos para o presente ano. García de la Torre valorou este anuncio como “a expresión mais clara de que a verdadeira razón da moción de censura de febreiro, non era presentar uns presupostos para Porriño, senon simplemente ocupar o poder.”

A secretaria socialista declarou que non é de recibo presentar a escusa de que xa falta pouco para acabar o ano e non presentar os presupostos de 2010, porque o actual equipo ocupa o Goberno Municipal dende hai case un ano, sen amosar cales son os seus proxectos e propostas para mellorar a vida dos cidadáns de Porriño.

Que agora se anuncie que os presupostos que se presenten serán os do 2011, sinalou García de la Torre, significa “a constatación do que xa se contempla, nin mais, nin menos que a utilización dos fondos públicos co fin de beneficiar os intereses electorais do actual Goberno Municipal.”

“Realmente estaría moi ben que o Sr. Santos, ademais de besar os seus conciudadanos e felicitalos polos seus cumpreanos, explicara os Porriñeses cal é o beneficio que para eles ten que sexaAlcalde e por qué, pois visto o visto, o goberno está totalmente paralizado e sen rumbo”.

Eleccións municipais.

Por outro lado, a secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, sinalou que, vistas as declaracións de Marcelino Coto, actual segundo tenente de alcalde e responsable de Urbanismo, nas que manifestaba as diferencias de IdeP co resto dos partidos do goberno sobre a integración no PP, “a pregonada unidade do actual equipo de goberno é mais ficticia que real e o que deixan traslucir son os auténticos codazos que se están dando entre eles por o lugar que queren ocupar na lista electoral.”

“Se o señor Marcelino Coto está a disgusto no goberno local – afirmou García de la Torre, chegando a falar de “egoísmos”, o que debe facer por coherencia e abandonar o goberno. Por iso, invitamos a Marcelino Coto e a IdeP a que abandonen o barco e recoñezan que rectificar é de sabios, pois está claro que Nelson Santos maltrata coa súa xestión, as áreas de IdeP e PP no goberno, que exercen, sen poder, de comparsas.

Segundo García de la Torre, “resulta un espectáculo realmente lamentable comprobar como hoxe en Porriño a ocupación dos responsables municipais centrase na defensa dos seus intereses particulares”.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Iván Vaqueiro afirma que el gobierno de Santos está "en funcións" por ser incapaz de hacer un presupuesto en 2010


O Secretario Xeral e Portavoz do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro afirmou hoxe que as declaracións de Santos sobre os orzamentos son a confirmación das mentiras de Nelson Santos sobre a falta de orzamentos para xustificar a moción de censura e afirmou que este é xa un goberno en funcións ata as eleccións vista a parálise e a batalla personalista.


O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, tildou hoxe ó goberno local de "goberno en funcións" ó ratificar o propio Santos que no 2010 non se presentarán orzamentos. "Estas declaracións ratifican a mentira que Santos nos contou ós porriñeses en Febreiro, onde prometeu que en dous meses tería orzamentos. Este é un alcalde e un goberno que non saben onde van, sen proxecto, sen rumbo e que só saben unha cousa: eliminar democracia e dereitos.

Vaqueiro foi contundende ó afirmar que as "repetidas mentiras de Santos sobre os orzamentos de 2010 son algo polas que debería disculparse ante os porriñeses. Un alcalde que agora, en tempo de desconto, afirma que presentará uns orzamentos que en caso de aprobarse (entrarían en vigor na época electoral), é polo tanto, un goberno en funcións. Non temos un goberno que goberno, temos dende hoxe un goberno en funcións, incapaz de tomar decisións, e polo que se ve, máis preocupado polos postos da lista electoral e a batalla entre eles, que por gobernar para os porriñeses"

"O único que fixo este alcalde foi subir os impostos, recortar dereitos democráticos, paralizar as obras do Plan E, reventar o diálogo democrático e fagocitar todo aquelo que non combinase cos intereses dos seus partidos. Inda non coñecemos a día de hoxe nin un só proxecto novo, nin unha soa idea que xustifique a labor deste goberno, que só baixo a mentira da moción, tentou enganar ós porriñeses baixo a excusa da parálise que eles mesmos profundizan todos os días. Non valen excusas, este goberno non ten orzamentos preparados porque non fixo os deberes"

Vaqueiro afirmou que Porriño necesita un cambio de goberno que devolva a ilusión ós porriñeses, que traballe ó seu carón dende o diálogo e a humildade, e non un goberno de retroceso democrático, falta de xestión e intereses electoralistas."