martes, 14 de diciembre de 2010
O PSOE acusa o goberno local de mentir nos Orzamentos e de retrasalos conscentemente, debido a la inexistencia de un proyecto real para Porriño.
A secretaria de política municipal socialista do Porriño, Eva García de la Torre, lamentou os retrasos continuos do goberno local na presentación dos orzamentos do Porriño e acusou ó alcalde de mentir á cidadanía tras os repetidos incumprimentos dos anuncios de presentación dos mesmos.
Eva García de la Torre, secretaria de Política Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño, compareceu hoxe para valorar os continuos incumprimentos do goberno local nos seus anuncios de presentación dos orzamentos do Porriño. García de la Torre, afirmou que xa ó coñecer o contido do pleno da Corporación Municipal celebrado o pasado mes de Novembro, comprobamos que “vistos os puntos recollidos na orde do día do mesmo, amosamos a nosa preocupacion porque o goberno local seguise retrasando os orzamentos para o ano 2011. Descartados polo alcalde os orzamentos do 2010, vemos que o Orzamento do 2011 vai polo mesmo camiño.”
“A falta de orzamentos é a confirmación de que este goberno, non pode ou non quere gobernar pensando nos porriñeses. E unha auténtica irresponsabilidade deixar a Porriño sen orzamentos tendo maioría de goberno e mais si temos en conta que os orzamentos supón que os partidos que se repartiron o poder no mes de febreiro, terían por fín que retratarse e amosar qué e o que queren facer polos Porriñeses, en definitiva, cal e o seu programa para Porriño.
Visto o feito hasta agora, parecería que o único punto do programa de Goberno do noso Alcalde sexa ir polas festas abrazando os veciños.
García de la Torre anunciou unha moción do grupo municipal socialista neste senso, e reiterou que “non podemos seguir agardando a un goberno que non fai os deberes, e esixiremos no vindeiro pleno, cando menos, un borrador sobre o que traballar”
A secretaria socialista, referiuse tamén á situación de execución das obras do Plan E, que adiantou, “segundo as nosas informacións, non estarán executadas no 2010 como esixe o Ministerio. Unha mostra máis da incapacidade deste goberno para facer as cousas ben”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario