miércoles, 22 de diciembre de 2010

Vaqueiro afirma que as palabras de Louzán confirman a traición dos independentes ós seus votantes


O Voceiro do Grupo Municipal Socialista afirmou hoxe que as palabras de Rafael Louzán sobre a “carta blanca a Nelson Santos para facer a lista do PP”, confirman a traición de CxP e IdeP ós seus votantes.


O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe tras escoitar as palabras de Rafael Louzán sobre a integración de PP, CxP e IdeP con Nelson como candidato, amosan novamente que no PP, as listas se fan a dedo, e sobre todo, representa unha traición ós votantes dos partidos CxP e IdeP, que ven como os seus líderes aproveitaron os partidos independentes como “chiringuitos políticos para acceder ó PP”

O caso máis claro, segundo Vaqueiro, é o de Nelson Santos, que en 4 anos, pasará por tres formacións distintas, primeiro IdeP, logo CxP e agora, coa integración, no PP. O socialista calificou este movemento como o mellor exemplo de que para Santos “non existe nin a coherencia nin o respeto polos seus votantes, e que só lle interesa o poder. Aquela frase de Santos de “los votos de Ciudadanos sólo irán para Ciudadanos” amosaron ser a maior mentira da lexislatura”.

“Os votantes de Ciudadanos ou de Indepentendes poden ver como os seus líderes, se venden ó PP sen ningunha vergoña, e non sabemos por qué razóns ou intereses, afirmou Vaqueiro”

Para o secretario xeral e portavoz socialista, os porriñeses son testigos dun pacto “a la siciliana” entre tres partidos que se abominaban durante toda a lexislatura, e que xa amosan estar máis preocupados polas listas que pola xestión municipal, en referencia ás críticas que Marcelino Coto verteu na prensa fai unhas semanas sobre a necesidade de non ser “egoistas” na elaboración das listas.

Para Vaqueiro, as palabras de Louzán non son máis que o intento de que os votantes de PP e IdeP acepten a Santos como lider ante as crecentes disputas internas no Concello, o que cada vez é máis palpable na xestión diaria do goberno, ó tempo que decapitan ó actual portavoz Manuel Carrera sen ningunha compaixón.

“Nin democracia, nin coherencia, nin proxecto nin respeto polos votantes, só ansia polo poder, eso é o que veu a afirmar Rafael Louzán con estas declaracións de apoio a Santos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario