lunes, 24 de enero de 2011

Modesto Pose: "Os socialistas nos sentimos moi orgullosos de Iván Vaqueiro"


Pose presentou hoxe a Iván Vaqueiro como candidato do PSdeG-PSOE a la alcaldía de O Porriño, de quen asegurou que "que leva catro anos traballando polos cidadáns e que ten un compromiso de futuro co O Porriño".

Tamén aproveitou para falar da situación actual do concello nunha parálise total. "Non foron quen de xestionar o plan E que pediron prorrogar as obras xa que están moito máis preocupados polos seus problemas internos", sinalou o secretario xeral.

"As decisión do goberno municipal están neste intre non pensando en O Porriño senón en manter a Rafael Louzán na Deputación", afirmou Pose

Pola súa banda, o candidato Iván Vaqueiro salientou que acolle esta candidatura con moita ilusión, e anunciou unha campaña limpa demostrando unha nova forma de facer política en O Porriño.

Aínda así non dubidou en cualificar a situación actual da súa localidade como de parálise, xa que "o equipo de goberno está sumido en liortas internas como demostra a súa falla de xestión".

Por último, criticou a actitude antidemocrática do alcalde ao presentar os orzamentos menos de 48 horas antes de ter que votalos nun pleno. "Nin na época máis dura de Barros vimos cousa semellante. Os orzamentos é un dos piares do concello para o próximo ano e deben permitir un análise pormenorizado", sinalou Vaqueiro, que anunciou un recurso administrativo contra a convocatoria do pleno.

sábado, 15 de enero de 2011

Iván Vaqueiro é designado candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Porriño


O lider socialista afirma que se presenta para ser o alcalde de todos e todas e reta a Santos a un debate público nas eleccións

“A min escollédesme vós democráticamente; a Nelson Santos, Rafael Louzán a dedo”

A asamblea local do PSdeG-PSOE aprobou este venres, designar a Iván Vaqueiro candidato á Alcaldía de Porriño. Todos os militantes reunidos dedicáronlle a Vaqueiro un longo aplauso e amosáronlle o seu apoio ó remate da asamblea, convencidos de que nesta ocasión será o candidato socialista o que acabe ocupando a Alcaldía de Porriño.

Vaqueiro (Porriño, 1977), licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, master en Dereito Urbanístico e actualmente director para a provincia de Pontevedra dunha coñecida consultora galega, recibiu con responsabilidade e emoción o apoio de toda a militancia do Partido Socialista de Porriño á que lle manifestou gratitude dicindo “a min escólledesme democráticamente vós, os porriñeses comprometidos dende a militancia co proxecto socialista, a Nelson Santos, Rafael Louzán e a dedo” e continuou o seu discurso afirmando que “aspira a ser alcalde para cambiar este goberno gris, rancio e antidemócrata por un goberno moderno, innovador e comprometido socialmente, cun alcalde que sexa máis humilde, cercano e comprometido con Porriño. Aspiro a ser alcalde para poñerme ó servicio dos meus veciños e veciñas. Aspiro a ser alcalde para servir ó meu pobo, consciente de que Porriño é un reto de modernidade e progreso”.  

O candidato socialista, que foi tenente de alcalde e número dous do goberno municipal de Porriño entre 2003 e 2007, afirmou que iniciará unha campaña que espera que sexa “limpa, participativa e cercana” e que conte cun debate electoral para que os cidadáns poidan ver cara a cara ós aspirantes a representalos. “É necesario que o conxunto de candidatos non se esconda dos cidadáns como fai o actual alcalde”. “O peor é que aínda non sabemos a cantas bandas sería o debate. Haberá que esperar a que o señor Coto e o señor Carrera decidan cales son as siglas políticas que máis se axusten aos seus intereses persoais”, rematou Vaqueiro.

Entre os proxectos principais do candidato neste inicio de 2011 está o de ir acompañado na candidatura socialista polo mellor equipo humano, con experiencia e renovación, e o de presentar o mellor programa, para o cal anunciou diferentes reunións sectoriais para definir máis polo miudo a alternativa dos socialistas para que a administración local cubra mellor as necesidades dos cidadáns. O candidato do Partido Socialista comprometeuse, no caso de gañar as eleccións do 22 de maio, a garantizar que “os orzamentos municipais nunca máis sexan aprobados pola porta de atrás como quere facer este alcalde. Serán transparentes e participativos. As portas do Concello deben estar abertas para todos, e non só para os amigos e os intereses contrarios o xeral. Os cidadáns queren un proxecto forte que defenda os seus intereses en materias como o Urbanismo e as canteiras: esa opción en 2011 é a socialista”.

Vaqueiro criticou tamén “ó todavía alcalde Santos” a nula capacidade de diálogo social e político que amosou durante este casi un ano de mandato, e afirmou que o seu será un goberno sempre aberto a buscar puntos de encontro cos concelleiros da corporación, cos sindicatos e a Asociación de Empresarios e cos colectivos veciñais, parroquiais e profesionais. “Quero inagurar un novo estilo de facer política, marcado polo diálogo social, a protección do medio ambiente, a mellora da competitividade do tecido productivo e unha formación cada vez mellor dos traballadores ocupados e desocupados, para o cal crearemos mecanismos de participación social, económica e cultural que axuden a definir políticas concretas”.

En canto á candidatura socialista, o candidato adiantou que o 28 de xaneiro presentará á militancia socialista o mellor equipo para gobernar, con porriñeses e porriñesas que acumulan experiencia e renovación e sobre todo, compromiso con Porriño, coas súas xentes e o seu desenvolvemento. 

“Estará formado por persoas comprometidas con Porriño que levan anos colaborando comigo no meu proxecto de futuro, persoas de equipo, honestas, éticas e preparadas, que dende a sociedade civil levan anos traballando a prol do progreso do noso pobo, porque iso é o que Porriño merece, que na institución municipal estén aqueles que levan anos, dende dentro e dende fora da primeira liña política, traballando pola prosperidade do noso pobo”, rematou.

viernes, 7 de enero de 2011

O PSOE acusa a Santos de mentir á Corporación na convocatoria dos Orzamentos e estudia denuncialo no Tribunal Contencioso-Administrativo


O Portavoz Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, acusou hoxe a Nelson Santos de mentir na declaración de urxencia da convocatoria dos Orzamentos Municipais, e anuncia que o PSOE estudiará a resposta do Alcalde ó recurso de reposición presentado polo PSOE á convocatoria do pleno de Orzamentos para denuncialo ante o Tribunal Contencioso Administrativo
O Grupo Municipal Socialista do Porriño, por medio Voceiro Municipal, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe que o PSdeG-PSOE estudiará acudir ós tribunais para denunciar os orzamentos municipais aprobados inicialmente polo pleno da Corporación o pasado 30 de Decembro ó considerar que se produciu unha grave ilegalidade na convocatoria do pleno.

"O alcalde incumpliu a lexislación ó non incorporar a declaración de urxencia na convocatoria do pleno, feito que a propia lexislación esixe na convocatoria de plenos extraordinarios urxentes. Pero o peor de todo, non foi iso, senon que inda por riba, tratou de incluir no expediente ás 5 da tarde (unha hora antes do pleno, tal e como afimou no propio pleno o propio Jose Manuel Jacobo, concelleiro de Facenda), un escrito para tratar de enmendar o erro, xa fora de tempo e para que os grupos non puidesen acceder a el"

"Este alcalde minte ós cidadáns, e non dubida en utilizar a lei ó seu antoxo e interés, e iso non imos a permitilo de ningún xeito. Queremos que todos os porriñeses sexan conscentes da gravidade das actuacións deste alcalde que trata de esconder as súas actuacións á cidadanía e os seus lexítimos representantes", afirmou Vaqueiro.
Nelson Santos tratou de mentirnos a todos, de evitar que os grupos puidesemos estudiar cun tempo razonable o documento de orzamentos para que non fósemos testigos dos graves erros que temos detectado nos mesmos.

"O Alcalde ten un mes para resolver o recurso de reposición que o PSOE presentou o pasado día 30, e en canto o faga, estudiaremos a súa resposta para interpoñer un recurso no Tribunal Contencioso-Administrativo, pois existen varios precedentes de anulación de orzamentos nestas circunstancias. Non todo vale en democracia, e esto, é un atentado contra os dereitos dos grupos da corporación e dos cidadáns nos que non imos transixir"

Erros no Orzamento

Vaqueiro avanzou que o PSOE está estudiando o documento dos Orzamentos onde xa atopamos varios erros graves, así como varias incorreccións froito da mala xestión de Santos e do seu equipo na súa elaboración. "Nelson Santos estivo un ano enteiro sen presentar os orzamentos e agora, por medo ó PSOE, presentou uns orzamentos mal feitos, non fixo os deberes ben. Se non sabe facer uns orzamentos, mellor que dimita como alcalde"