domingo, 27 de febrero de 2011

Iván Vaqueiro: “Como alcalde, eu si garantizo un gobierno estable y progresista"


O Candidato do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, presentou hoxe ós 6 primeiros membros da súa candidatura ás eleccións de Maio de 2011, que definiu como “útil para Porriño e fortemente capacitada para gobernar”

O candidato socialista á alcaldía do Porriño, Iván Vaqueiro, presentou hoxe ós seis primeiros membros da súa candidatura, afirmando que o PSOE presenta un equipo ético e fortemente preparado para gobernar O Porriño. “Temos un equipo renovado de persoas preparadas, comprometidas e cercanas, capacitado para gobernar O Porriño e ilusionar ós seus cidadáns”

Fronte a un PP que Vaqueiro definiu como “de retales doutros partidos”, "nos temos un equipo serio, preparado para gobernar e útil para O Porriño. "

A lista, encabezada polo propio Iván Vaqueiro, de 34 anos, Licenciado en Ciencias Políticas e Master en Urbanismo e Medio Ambiente, continúa coa nova incorporación de Eva García de la Torre, licenciada en Dereito e Abogada, no segundo posto da candidatura, unha persoa que Vaqueiro definou como “a garantía xurídica que lle falta ó goberno local, cunha ampla capacidade de xestión seria, transparente e comprometida” García de la Torre, exerce como abogada e asesora xurídica de empresas, e está chamada a ser, segundo Vaqueiro, unha fantástica concelleira de goberno, que aporte a ética política da que este goberno carece.

No número tres da candidatura socialista, Vaqueiro presentou outra importante  incorporación, Francisco Rodríguez Loureiro, de 41 anos, natural de Torneiros, exerce como Responsable de Laboratorio de la Empresa Lonza Biologics, unha persoa que é segundo Vaqueiro, “altamente capacitada que aportará nestes tempos, a necesaria visión empresarial e de desenvolvemento que necesita O Porriño. Francisco ademais, é un veciño comprometido con Torneiros e co mundo sindical, no que exerce como delegado da UXT dende fai 20 anos”
En cuarto lugar na candidatura, Vaqueiro presentou a Ramón Giráldez Varela, que repite na candidatura socialista, e que está chamado a ser o Concelleiro de Medio Rural pola súa experiencia como comunero na parroquia de Atios, o seu bó facer e o seu compromiso con Atios. O candidato socialista afirmou que Atios é unha parroquia importante, e Ramón Giráldez quere ser o seu representante no Concello. “Queremos que Atios teña poder no Concello, afirmou Vaqueiro, e con Ramón Giráldez, os veciños de Atios poden estár totalmente convencidos de que así será”

En quinto lugar, o PSOE presentou a Elena Alonso, veciña de Pontellas, Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, exerce laboralmente nunha empresa de Recursos Humáns da zona, e é actualmente a secretaria de Innovación e Emprego da executiva Socialista. Vaqueiro afirmou que en Pontellas, é necesaria unha aposta pola parroquia que remate con anos de caciquismo popular, e que Elena é a persoa máis comprometida e capacitada para representala.

Por último, en sexto lugar, Vaqueiro presentou a Jose Luis Fernández da Costa, veciño de Budiño, e traballador do sector mobiliario. Delegado sindical da UXT, Luis Fernández, é un coñecido veciño da parroquia, que ademáis é membro da Comunidade de Montes de Budiño, e asiduo colaborador das diferentes iniciativas que alí se desenvolven.
Unha candidatura útil para O Porriño.

Vaqueiro, que presentará o resto da súa candidatura, aprobada o pasado venres día 11 de Febreiro nun acto público a finais do mes de Marzo, afirmou que o resto da candidatura, está composto por persoas, homes e mulleres, comprometidos con Porriño e as súas parroquias, “bóas persoas que aspiran a mellorar o seu pobo éticamente, e a sustituir a este goberno de “todo vale”. A candidatura continua cos representantes das parroquias de Mosende, Chenlo, e Cans, así como do barrio de Carracido, así como por outras persoas do casco urbán, entre os que destacan o ex-concelleiro socialista Carlos Díaz Casales, e o actual concelleiro socialista Fernándo Rodríguez e estará pechada no posto de honra, polo artista, pintor e caricaturista porriñés, Antonio Fernández Valverde, nun guiño dos socialistas ó mundo da cultura porriñesa.

“Esta é sen dúbida, unha candidatura útil para Porriño. Útil para garantizar a transparencia e unha correcta xestión, útil para xenerar emprego e confianza empresarial, útil para as parroquias e os veciños do centro, útil para as persoas máis desfavorecidas, útil para a cultura e o progreso e sobre todo dialogante, transparente e que ama profundamente o seu pobo”

Vaqueiro rematou a súa presentación afirmando que o obxectivo do PSOE é sen dúbida a alcaldía, e que, fronte a outras alternativas, só o PSOE garantiza un goberno de progreso: “Quero dicirlle ós Porriñeses que nos sí garantizaremos un goberno de Progreso. Como Alcalde, tendré un claro objetivo, garantizo un gobierno maioritario e estable, progresista y comprometido con Porriño. Está claro que los alcaldes socialistas en toda España, son los referentes pola súa  lealtade, capacidade de diálogo para chegar a acordos, tolerancia e vision de proxecto de cidade”
 

martes, 22 de febrero de 2011

Jose Luis Fernández Vázquez, escollido candidato do PSOE do Porriño á Entidade Local de Chenlo

O Candidato do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe para presentar a Jose Luiis Fenández Vázquez como candidato do PSOE á Entidade Local Menor de Chenlo, que se puxo como primeiro obxectivo "informar ós veciños da realidade da Entidade, afrontar os problemas da Canteira e do Parque Eólico do Galiñeiro e rematar con 30 anos de políticas clientelares que representa o PP"


O candidato socialista á alcaldía do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe con Jose Luir Fernández Vázquez, ó que a Asamblea do PSdeG-PSOE do Porriño designou a semana pasada, Candidato a Presidir a Entidade Local de Chenlo nos vindeiros comicios de Maio.

Jose Luis Fernández, é veciño do barrio de As Cales, en de Chenlo, ten 35 anos e traballa como responsable comercial. As súas primeiras palabras foron de agradecemento ó PSOE pola súa confianza e a Iván Vaqueiro por realizar unha forte aposta por democratizar Chenlo "logo de 30 anos de políticas clientelares do PP".

"Temos un alcalde, Alejandro Lorenzo, que non se ocupa da parroquia, e non informa nin do que pasa cos montes de Chenlo, nin das contas da Entidade nin se preocupa dos problemas dos seus veciños. Por preocuparse, nin se preocupou de que pechase a Escola Infantil que agora xa non existe por culpa do PP". afirmou Fernández.

"Quero ser alcalde de Chenlo sobre todo para abrir a Entidade ós veciños, e poñela a traballar ó seu servizo. Chenlo ten agora dous graves problemas que o seu alcalde se nega a tratar e nos preguntamos por qué, que son a canteira que se quere construir e o novo parque eólico do Galiñeiro, que afecta á nosa parroquia".

Pola súa parte, Iván Vaqueiro, expresou o seu compromiso con Chenlo e co seu novo candidato á Entidade, afirmando que Jose Luis Fernández é unha persoa coñecida na parroquia e que amosou o seu compromiso colaborando coa asociación de veciños de Chenlo para evitar a construcción da nova canteira que se quería realizar en Chenlo, e afirmou que é a hora de rematar "cunha política familiar caciquil como a que leva realizando o PP en Chenlo tantos anos. Alejandro Martínez non defendeu a súa parroquia nestes anos e se demostrou na súa actuación. Cero resultados, cero inversións e moito escurantismo. Qué pasa coa entidade e cos seus montes?" afirmou Vaqueiro

Unha campaña informativa para opoñerse ó parque eólico.

O candidato socialista a Chenlo afirmou que iniciará contactos cos veciños para opoñerse á implantación en Chenlo do parque eólico aprobado pola Xunta de Galicia, e esixiu a Alejandro Martínez que non se esconda de novo e informe ós veciños de Chenlo do impacto real do parque eólico, se é que non ten nada que esconder"

Vaqueiro afirmou que o nomeamento de Santos, enmárcase na política de Rafael Louzán de utilizar os concellos como taboleiros de xogo de cara á manterse na Deputación de Pontevedra, a amosan unha total falta de respeto ós votantes do PP do Porriño, ós que se lle impón un candidato con menor resultado electoral e que deixa de lado as propias bases do PP local e o seu propio presidente, Manuel Carrera

“ Cando dicíamos que CxP e IdeP eran chiringuitos do PP, referíamonos precisamente a isto, ó engano electoral que supuñan. Agora, caeu o telón desta ópera bufa.”

O candidato socialista afirma que este cambio, amosa unha vez máis, que os patidos independentes CxP e IdeP, non eran máis que tapaderas de Louzán, e anima ós seus votantes a amosar que con Porriño non se xoga.

Sobre a candidatura de Santos, Vaqueiro agarda que non se esconda, e que acepte o debate electoral que propuxo o PSOE nestas eleccións, inda que ironizou afirmnando que “vai ser difícil debatir cun candidato que en cinco anos, cambiou tres veces de partido. Debe ser por iso que na súa presentación afirmaba que “se acabaron as ideoloxías”, por que el sempre tivo a mesma, pero tiña a careta posta e o sacala, apareceu Rafael Louzán”.

Vaqueiro fixo un chamamento ós Porriñeses a amosar que O Porriño non é peza de cambio de ninguén e que o noso futuro, o decidimos entre nós mesmos, sen inxerencias de Rafael Louzán. “Non queremos un alcalde títere de ninguén, senon un veciño comprometido con Porriño”.

miércoles, 9 de febrero de 2011

Vaqueiro advirte a Santos que o trámite de aprobación do orzamento é ilegal e que se non o retira, acudirá ós tribunais


Os socialista afirman que o informe do secretario do Concello avala o recurso de reposición do grupo socialista ó considerar que existen vicios procedimentais na convocatoria do pleno de orzamentos o pasado 28 de Decembro

O Voceiro Municipal e Candidato socialista, Iván Vaqueiro, advertiu hoxe a Nelson Santos de que o informe da secretaria municipal do Concello sobre os orzamentos, atopou vicios de nulidade procedimentais na convocatoria do pleno de orzamentos, tese que avala a postura do grupo socialista que xa presentara o mesmo día 28 de decembro un recurso de reposición contra a convocatoria do pleno ó considerar que a convocatoria do pleno extraordinaria e urxente, realizada a menos de dous días do pleno, constituía unha clara irregularidade, ademáis de constituir un ataque democrático ós dereitos dos grupos da corporación.

Vaqueiro manifestou que Santos debe tomar nota do informe do secretario e das advertencias do propio interventor para retirar o orzamento, correxilo e voltalo a presentar. "En resumo, démoslle ó alcalde a oportunidade de que retirarse o orzamento e non o fixo, pero se segue adiante con este proceso, e obvia o informe do secretario, acudiremos de inmediato ós tribunais e solicitaremos a suspensión cautelar do mesmo. O propio Santos podería ser denunciado por prevaricación ó actuar, a sabendas, en contra da legalidade".

"Logo de 12 meses de xestión, este é o resultado: nin orzamentos e máis parálise. Santos foi incapaz de presentar os orzamentos do 2010, e agora presenta un orzamento que será anulado e condenará a Porriño a como mínimo, varios meses máis de retraso. Este alcalde paraliza Porriño."

O Voceiro socialista quixo facer unha chamada á responsabilidade ós voceiros de PP e IdeP para que fagan entrar en razón a Nelson Santos e non conduzan ó concello a un quebranto económico.



Un Orzamento baixo sospeita xudicial.
 
Pola, súa parte, a secretaria de política municipal do PSOE, Eva García de la Torre informou que o PSdeG-PSOE solicitou por escrito ó secretario municipal a emisión de certificado de acto presunto de silencio administrativo ante a non resolución do alcalde do recurso de reposición presentado polos socialistas contra a convocatoria irregular do pleno de orzamentos, para presentar ante o tribunal contencioso administrativo unha denuncia contra a aprobación do presuposto por erros graves na convocatoria do pleno, realizado con menos de dous días de prazo sen xustificación. "Non imos tolerar que se menoscaben os nosos dereitos democráticos e a falta de resposta do alcalde, xa di moito do que pensa neste tema.Unha situación que pon baixo sospeita xudicial este orzamento".