martes, 22 de febrero de 2011

Jose Luis Fernández Vázquez, escollido candidato do PSOE do Porriño á Entidade Local de Chenlo

O Candidato do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe para presentar a Jose Luiis Fenández Vázquez como candidato do PSOE á Entidade Local Menor de Chenlo, que se puxo como primeiro obxectivo "informar ós veciños da realidade da Entidade, afrontar os problemas da Canteira e do Parque Eólico do Galiñeiro e rematar con 30 anos de políticas clientelares que representa o PP"


O candidato socialista á alcaldía do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe con Jose Luir Fernández Vázquez, ó que a Asamblea do PSdeG-PSOE do Porriño designou a semana pasada, Candidato a Presidir a Entidade Local de Chenlo nos vindeiros comicios de Maio.

Jose Luis Fernández, é veciño do barrio de As Cales, en de Chenlo, ten 35 anos e traballa como responsable comercial. As súas primeiras palabras foron de agradecemento ó PSOE pola súa confianza e a Iván Vaqueiro por realizar unha forte aposta por democratizar Chenlo "logo de 30 anos de políticas clientelares do PP".

"Temos un alcalde, Alejandro Lorenzo, que non se ocupa da parroquia, e non informa nin do que pasa cos montes de Chenlo, nin das contas da Entidade nin se preocupa dos problemas dos seus veciños. Por preocuparse, nin se preocupou de que pechase a Escola Infantil que agora xa non existe por culpa do PP". afirmou Fernández.

"Quero ser alcalde de Chenlo sobre todo para abrir a Entidade ós veciños, e poñela a traballar ó seu servizo. Chenlo ten agora dous graves problemas que o seu alcalde se nega a tratar e nos preguntamos por qué, que son a canteira que se quere construir e o novo parque eólico do Galiñeiro, que afecta á nosa parroquia".

Pola súa parte, Iván Vaqueiro, expresou o seu compromiso con Chenlo e co seu novo candidato á Entidade, afirmando que Jose Luis Fernández é unha persoa coñecida na parroquia e que amosou o seu compromiso colaborando coa asociación de veciños de Chenlo para evitar a construcción da nova canteira que se quería realizar en Chenlo, e afirmou que é a hora de rematar "cunha política familiar caciquil como a que leva realizando o PP en Chenlo tantos anos. Alejandro Martínez non defendeu a súa parroquia nestes anos e se demostrou na súa actuación. Cero resultados, cero inversións e moito escurantismo. Qué pasa coa entidade e cos seus montes?" afirmou Vaqueiro

Unha campaña informativa para opoñerse ó parque eólico.

O candidato socialista a Chenlo afirmou que iniciará contactos cos veciños para opoñerse á implantación en Chenlo do parque eólico aprobado pola Xunta de Galicia, e esixiu a Alejandro Martínez que non se esconda de novo e informe ós veciños de Chenlo do impacto real do parque eólico, se é que non ten nada que esconder"

Vaqueiro afirmou que o nomeamento de Santos, enmárcase na política de Rafael Louzán de utilizar os concellos como taboleiros de xogo de cara á manterse na Deputación de Pontevedra, a amosan unha total falta de respeto ós votantes do PP do Porriño, ós que se lle impón un candidato con menor resultado electoral e que deixa de lado as propias bases do PP local e o seu propio presidente, Manuel Carrera

“ Cando dicíamos que CxP e IdeP eran chiringuitos do PP, referíamonos precisamente a isto, ó engano electoral que supuñan. Agora, caeu o telón desta ópera bufa.”

O candidato socialista afirma que este cambio, amosa unha vez máis, que os patidos independentes CxP e IdeP, non eran máis que tapaderas de Louzán, e anima ós seus votantes a amosar que con Porriño non se xoga.

Sobre a candidatura de Santos, Vaqueiro agarda que non se esconda, e que acepte o debate electoral que propuxo o PSOE nestas eleccións, inda que ironizou afirmnando que “vai ser difícil debatir cun candidato que en cinco anos, cambiou tres veces de partido. Debe ser por iso que na súa presentación afirmaba que “se acabaron as ideoloxías”, por que el sempre tivo a mesma, pero tiña a careta posta e o sacala, apareceu Rafael Louzán”.

Vaqueiro fixo un chamamento ós Porriñeses a amosar que O Porriño non é peza de cambio de ninguén e que o noso futuro, o decidimos entre nós mesmos, sen inxerencias de Rafael Louzán. “Non queremos un alcalde títere de ninguén, senon un veciño comprometido con Porriño”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario