viernes, 18 de marzo de 2011
O Xulgado do Contencioso requerirá ó Goberno Local o Expediente no que consta a Convocatoria do Pleno de Orzamentos do día 28 de decembro, a raíz da demanda presentada polo PSOE polas irregularidades na súa convocatoria.
Secretaria de Política Municipal Socialista, Eva García de la Torre, manifestou hoxe que, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, requerirá en de forma inmediata ó Concello, para que lle aporte o expediente de aprobación do Orzamento e de convocatoria do pleno de 28 de Decembro de 2010 que motivou a denuncia dos socialistas por irregularidades na súa convocatoria.
A Secretaria de Política Municipal Socialista, Eva García de la Torre, informou hoxe que o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra iniciou onte os trámites de requerimento para que o Concello lle aporte o expediente de convocatoria do pleno de Orzamentos, celebrado o pasado 28 de Decembro pola ilegalidade da convocatoria do Pleno Extraordinario e Urxente, no que se realizou a aprobación inicial, entre outros puntos fixados na orde do día, dos Orzamentos; ó non axustarse dita convocatoria á lei, por realizarse con menos de dous días hábiles de antelación, con obxectivo de entorpecer e limitar os dereitos da oposición.
Para a número dous do PSOE local, quere sinalar que con esta iniciativa, se amosa que os socialistas “non imos tolerar nin unha soa falta de respeto á Corporación, e cabe dicir que esta demanda ten unha soa causa: a irresponsabilidade de Nelson Santos ó convocar un pleno deliberadamente irregular para tratar de eliminar a oposición no debate de Orzamentos”, e de paso intentar apuntarse o tanto de que conseguiu aprobar os Orzamentos antes de rematar o ano, como se non puidese facelo no tempo que leva o fronte da alcaldía. Tratou de esconder a súa responsabildiade por non facer os orzamentos do 2010 cunha nota de prensa apresurada e por electoralismo en vez de por boa xestión.
Como conclusión, García de la Torre, afirmou que “se o Alcalde, que debería ser o máximo garante da legalidade, foi quen de seguir adiante neste tema, a pesares de coñecer a ilegalidade do seu empecinamento, perde toda a lexitimidade para facer cumprir os veciños as súas obrigas legais.
domingo, 13 de marzo de 2011
O PSOE de O Porriño lanza unha campaña nas Redes Sociais baixo o eslogan “Colorea O Porriño, Apúntaste?” como canle de comunicación aberta a tódolos cidadáns.
Iván Vaqueiro afirma que a campaña ten como obxectivo crear un espacio no cal poder debatir construir, entre todos os Porriñeses, un proxecto de cidade para vivir, así como concienciar sobre as formas en “branco e negro” do actual goberno local.
O candidato socialista, Iván Vaqueiro anunciou hoxe o lanzamento dunha campaña nas Redes Sociais para achegarse diréctamente ós cidadáns e explicar as súas propostas. Unha nova canle de comunicación cós porriñeses, para explica-lo proxecto que o equipo socialista ten para O Porriño, pero, e para dar voz ós porriñeses e escoita-las súas necesidades.
A campaña chega as Redes Socias presentándose a través dun perfil en Facebook, Twitter, Flikr e Tuenti, así como a creación dunha canle en Youtube (PSOE Porriño TV), no cal colgar as últimas novidades de modo audiovisual. Para o equipo do PSOE en Porriño ó acercamento aos cidadáns e prioritario xa que, como declara o seu candidato, “creemos na participación dos porriñeses para lograr crear un proxecto que dé vida ó lugar onde vivimos”.
O eslogan da campaña (“Colorea O Porriño) ten tamén como obxectivo poñer de manifesto a volta atrás que representa o goberno de Nelson Santos, ó que se tilda de encabezar un goberno en branco e negro: acoso á cultura local, retroceso democrático, xestión opaca e pouco participativa e mala xestión municipal son as razóns que os socialistas esgrimen para animar ós porriñeses e porriñesas a dar cor ó Porriño e construir entre todos un concello aberto, tolerante e participativo, así como animar á mocidade do Porriño a movilizarse contra este goberno que os marxina.
Segundo o candidato socialista, “apostamos polas redes sociais, porque representan unha innovación democrática ó poder interactuar diréctamente cos veciños do Porriño e escoitar as súas necesidades. Quero ser un Alcalde do século 21 que esté permanentemente ó seu servizo.”
jueves, 10 de marzo de 2011
O PSOE aposta por mellorar a xestión do monte de Chenlo ante o seu mal estado apostando pola súa ordenación, repoboación e aproveitamento da biomasa
O candidato socialista á entidade local menor de Chenlo, Jose Luis Fernández Vázquez, afirmou que ante a desastrosa xestión do monte de Chenlo, apostará pola súa ordenación e correcta repoboación e o aproveitamento, como xa existe noutros montes galegos, da biomasa forestal, ó tempo que manifestou a súa oposición ó Parque Eólico en Chenlo
O candidato socialista á Entidade Local de Chenlo, afirmou hoxe que o mal estado no que se atopa o monte de Chenlo é debido á mala xestión forestal que está a realizar o PP, e que incluirá no seu programa diversas medidas para poder mellorar o seu estado a través dun plan de ordenación forestal realizado dacordo con criterios de sostenibilidade e recuperación da masa forestal con especies autóctonas.
Fernández Vázquez manifestou que a masa forestal de Chenlo se atopa en moi mal estado debido ó abandono que se está a realizar da súa xestión e a escasa información que reciben os seus veciños do seu uso “non sabemos porqué se realizan talas indiscriminadas do monte nin a finalidade dos cartos recaudados pola entidade nas mesmas, algo ó que temos dereito os veciños de Chenlo”
O socialista plantexou a necesidade ademáis de apostar por unha correcta repoboación do monte e o aproveitamento da biomasa como elemento dinamizador do monte. “A correcta xestión da biomasa pode xenerar ingresos a entidade ó tempo que contribue a mellorar a limpeza do monte que agora se atopa en moi mal estado”
Poñer en valor o monte de Chenlo evitando a apertura de canteiras e do Parque Eólico
Fernández Vázquez afirmou que dentro do programa do PSOE para Chenlo, pretende poñer en valor o seu gran valor paisaxístico e turístico promocionando espacios con alto interés turístico como a zona dos Cabreiros, os muiños de Filgueiras ou as rutas de sendeirismo existentes, pero para elo “é fundamental que os veciños manifestemos a nosa oposición ó Parque Eólico do Galiñeiro” que a Xunta de Galicia quere construir en Chenlo.
“Os socialistas queremos manifestar a nosa oposiciòn tanto á calquer canteira que se queira construir como ó Parque Eólico do Galiñeiro, e afirmou que iniciará conversas con outras entidades locais da zona como Bembrive, Pazos ou Morgadáns, para sumar esforzos coa Plataforma en contra do Parque Eólico do Galiñeiro xa existente.
martes, 8 de marzo de 2011
O PSOE tilda de ofensivo para as mulleres o comunicado do Concello onde se afirma que se homenaxea a mulleres “que podrían ser homes”
A Secretaria de Política Municipal Socialista e número dous da candidatura socialista, Eva García de la Torre, tildou de electoralista e hipócrita la actitud do alcalde Nelson Santos ó tratar de vender os Porriñeses que o seu goberno apoia á igualdade de homes e mulleres cando no seu propio goberno ninguna de suas concejalas ten dedicación exclusiva, sendo así que os concelleiros do seu goberno cobran 36.000 euros e as mulleres só 18.000.
A número dous do PSOE local, afirmou que o PSOE sinte un profundo respeto polas mulleres homenaxeadas, ó igual que por todas as mulleres e homes que realizan a súa labor diariamente, pero queren poner de manifesto a hipocresía do Alcalde al intentar sumarse á celebración do día da muller traballadora, pero sin adoptar unha soa política de fomento da igualdade de homes e mullers no Concello.
A primerira contradicción a atopamos no seu propio equipo de goberno no que ningunha das concellerías ocupadas por mulleres (dúas) teñen recoñecida a dedicación exclusiva, co que a retribución económica que se lles asigna e xustamente a mitade da que ten os homes.
Tamen e importante, sinalou García de la Torre, recordar os ciudadans do Porriño que no plan de emprego presentado a bombo e platillo por o Sr. Santos, non existe ningunha medida de fomento do emprego femenino, siendo Porriño un concello no que o desemprego entre as mulleres supera o 54%. Tampoco se ha implementado ningunha medida de fomento a emprendedoras o de conciliación da vida familiar e laboral, etc., etc.
Por tanto, suxerimos o Alcalde que busque menos facerse fotografías nas que aproveitarse da traxectoria das mulleres que poideron sair adiante a pesares das nulas políticas o seu favor dos gobernanetes do seu signo político, dos que é beneficiario e heredeiro y ponga mais énfasis en facer políticas concretas e efectivas de apoio os dereitos das mulleres.
Por último, García de la Torre lamentou que o goberno local rompese a unidade de acción de toda a corporación na aposta pola defensa das mulleres non só no ámbito laboral, senon tamén na loita contra a violencia de xénero, a inserción laboral femenina ou a elaboración dun plan de igualdade municipal. “Este é un tema serio onde ten que existir unanimidade antes que fogos de artificio mediáticos”
martes, 1 de marzo de 2011
Vaqueiro tilda de broma pesada ós desempregados o Plan de Emprego do Concello
O Candidato do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que o goberno local non pensa nos desempregados cando presenta un plan de emprego xusto despóis de rebaixar nos orzamentos nun 56% a partida adicada a fomento de emprego
O candidato socialista á alcaldía do Porriño, Iván Vaqueiro, acusou hoxe de pouco serio ó goberno local por presentar un plan de emprego sen dotación económica adicional, á vista de que o orzamento de 2011, supuxo un recorte de máis de 620.000 euros con respecto ó orzamento do 2008, case un 56% menos e tildou ó concelleiro de Emprego de "pouco serio e desconsiderado"
Vaqueiro afirmou que "é indignante que o mesmo goberno que amortizou as prazas de Orientador Laboral e Técnico de Desenvolvemento Local, queira agora presentarse como o abanderado da xeneración de emprego. Nin en formación, nin en programas de inserción laboral nin en asesoramento e apoio á empresas este goberno pode dicir nada despóis de que puideramos coñecer o seu orzamento. Este plan é auténtico fume porque non ten dotación orzamentaria"
O candidato socialista afirmou que este goberno é capaz de intentar vendernos accións que xa existen como se foran novas e acusou a Alejandro Lorenzo de "pouco serio" e de "frivolizar con algo tan grave como o emprego". Se "Nelson Santos quere potenciar o emprego, que rebaixe neste intre as subidas fiscais que realizou contra o comercio e as pemes de Porriño e que aumente novamente o orzamentos adicados a emprego como xa lle advertimos no debate presupuestario"
O socialista afirmou que "os porriñeses comezan a estar cansados desta política de mentiras mediáticas. ¿Cómo é posible que un goberno que acaba de subir un 700% a taxa de lixo a empresas e comercios e de maneira moi importante o Imposto de Actividades Económicas para as empresas porriñesas poida vender que apoia ós emprendedores e á xeneración de emprego"
Vaqueiro resumiu a política de emprego do concello como "inexistente e parece máis baseada na contratación a dedo polo Alcalde dos que lle son afíns, en vista de que a única partida que medra no novo orzamento é a adicada a persoal laboral de libre contratación"
Por último, o candidato socialista ironizou co novo premio á innovación presentado polo goberno afirmando que é triste que se use o nome de Antonio Palacios para nomear un premio, precisamente os que foron capaces de realizar obras na Fonte do Cristo sen premiso de Patrimonio nin proxecto de rehabilitación. O único premio que se lle pode dar a este goberno é o de "Pinochos Políticos".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




