domingo, 13 de marzo de 2011

O PSOE de O Porriño lanza unha campaña nas Redes Sociais baixo o eslogan “Colorea O Porriño, Apúntaste?” como canle de comunicación aberta a tódolos cidadáns.

Iván Vaqueiro afirma que a campaña ten como obxectivo crear un espacio no cal poder debatir construir, entre todos os Porriñeses, un proxecto de cidade para vivir, así como concienciar sobre as formas en “branco e negro” do actual goberno local.

O candidato socialista, Iván Vaqueiro anunciou hoxe o lanzamento dunha campaña nas Redes Sociais para achegarse diréctamente ós cidadáns e explicar as súas propostas. Unha nova canle de comunicación cós porriñeses, para explica-lo proxecto que o equipo socialista ten para O Porriño, pero, e para dar voz ós porriñeses e escoita-las súas necesidades.

A campaña chega as Redes Socias presentándose a través dun perfil en Facebook, Twitter, Flikr e Tuenti, así como a creación dunha canle en Youtube (PSOE Porriño TV), no cal colgar as últimas novidades de modo audiovisual. Para o equipo do PSOE en Porriño ó acercamento aos cidadáns e prioritario xa que, como declara o seu candidato, “creemos na participación dos porriñeses para lograr crear un proxecto que dé vida ó lugar onde vivimos”. 

O eslogan da campaña (“Colorea O Porriño) ten tamén como obxectivo poñer de manifesto a volta atrás que representa o goberno de Nelson Santos, ó que se tilda de encabezar un goberno en branco e negro: acoso á cultura local, retroceso democrático, xestión opaca e pouco participativa e mala xestión municipal son as razóns que os socialistas esgrimen para animar ós porriñeses e porriñesas a dar cor ó Porriño e construir entre todos un concello aberto, tolerante e participativo, así como animar á mocidade do Porriño a movilizarse contra este goberno que os marxina.

Segundo o candidato socialista, “apostamos polas redes sociais, porque representan unha innovación democrática ó poder interactuar diréctamente cos veciños do Porriño e escoitar as súas necesidades. Quero ser un Alcalde do século 21 que esté permanentemente ó seu servizo.”

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario