viernes, 18 de marzo de 2011
O Xulgado do Contencioso requerirá ó Goberno Local o Expediente no que consta a Convocatoria do Pleno de Orzamentos do día 28 de decembro, a raíz da demanda presentada polo PSOE polas irregularidades na súa convocatoria.
Secretaria de Política Municipal Socialista, Eva García de la Torre, manifestou hoxe que, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, requerirá en de forma inmediata ó Concello, para que lle aporte o expediente de aprobación do Orzamento e de convocatoria do pleno de 28 de Decembro de 2010 que motivou a denuncia dos socialistas por irregularidades na súa convocatoria.
A Secretaria de Política Municipal Socialista, Eva García de la Torre, informou hoxe que o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra iniciou onte os trámites de requerimento para que o Concello lle aporte o expediente de convocatoria do pleno de Orzamentos, celebrado o pasado 28 de Decembro pola ilegalidade da convocatoria do Pleno Extraordinario e Urxente, no que se realizou a aprobación inicial, entre outros puntos fixados na orde do día, dos Orzamentos; ó non axustarse dita convocatoria á lei, por realizarse con menos de dous días hábiles de antelación, con obxectivo de entorpecer e limitar os dereitos da oposición.
Para a número dous do PSOE local, quere sinalar que con esta iniciativa, se amosa que os socialistas “non imos tolerar nin unha soa falta de respeto á Corporación, e cabe dicir que esta demanda ten unha soa causa: a irresponsabilidade de Nelson Santos ó convocar un pleno deliberadamente irregular para tratar de eliminar a oposición no debate de Orzamentos”, e de paso intentar apuntarse o tanto de que conseguiu aprobar os Orzamentos antes de rematar o ano, como se non puidese facelo no tempo que leva o fronte da alcaldía. Tratou de esconder a súa responsabildiade por non facer os orzamentos do 2010 cunha nota de prensa apresurada e por electoralismo en vez de por boa xestión.
Como conclusión, García de la Torre, afirmou que “se o Alcalde, que debería ser o máximo garante da legalidade, foi quen de seguir adiante neste tema, a pesares de coñecer a ilegalidade do seu empecinamento, perde toda a lexitimidade para facer cumprir os veciños as súas obrigas legais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario