O Candidato socialista Iván Vaqueiro mantivo hoxe un desayuno de traballo cos axentes empresariais, comerciais e sindicais do Porriño para presentarlle as medidas que implementará como Alcalde do Porriño
Innovación, Fomento do Emprego ou máis apoio ó sector comercial foron os temas tratados no desayuno de traballo que o candidato socialista mantivo esta mañá con Santiago Gómara Millán, presidente da Asociación de Empresarios de Ás Gándaras-Porriño, Juana María Pérez, Presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, David Sobral Pidre, Xerente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Empresarial de A Granxa, e con representantes dos sindicatos CCOO e UXT.
A reunión serviu para concretar medidas de apoio ós sectores comerciais e empresariais do porriño e a confirmar a necesidade de establecer unha mesa de Diálogo Social cos axentes económicos e sindicais do Porriño de carácter permanente para planificar todas as cuestións relativas ó desenvolvemento económico, o fomento de emprego ou as medidas de apoio ó comercio local.
Segundo o candidato socialista, "todos os axentes sociais nos transmiten a súa preocupación pola política económica e fiscal de Nelson Santos (que subiu de maneira importante as taxas e impostos no Porriño), así como a escasa labor de fomento de emprego, mantemento dos polígonos ou o apoio ós emprendedores" afirmou Vaqueiro, quen trasladou ós colectivos sociais que "como alcalde, me comprometo a institucionalizar de maneira estable un calendario de encontros do DIALOGO SOCIAL como espacio de traballo conxunto para impulsar Porriño"
Entre as medidas presentadas polo PSOE que tiveron máis interese, entre os colectivos asistentes, destacouse a degravación do 25% do IAE ás empresas locais por xeneración de emprego, a o plan de fomento comercial, aas medidas de transporte público cara as zonas empresariais, ou a posta pola formación e inserción laboral que suporía a creación da Mesa Local polo Emprego que plantexa o candidato socialista.

No hay comentarios:
Publicar un comentario