viernes, 1 de abril de 2011

Vaqueiro denuncia a inacción do Alcalde no fomento de emprego dende a moción de censura


O candidato do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe un aumento das partidas destinadas ó fomento de emprego, desgravacións no IAE ás empresas creadoras de emprego e ó apoio ó crecemento económico se resulta escollido alcalde


O candidato socialista porriñés, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe medidas para o fomento do emprego e o crecemento económico se resulta escollido alcalde ante a inacción do actual alcalde Nelson Santos neste campo, ó amosar as cifras de desemprego un aumento de 144 persoas dende a moción de censura no Porriño en Febreiro de 2010.

"A loita contra o desemprego será sen dúbida, unha das maiores apostas, xunto coa política social e o apoio ás infraestructuras das parroquias, do meu goberno", manifestou Vaqueiro, que manterá nos vindeiros días, unha xuntanza con axentes económicos e sociais para presentar o programa económico, fiscal e comercial do PSOE ante os vindeiros comicios electorais coa premisa de "xenerar emprego, simplificar os trámites para o desenvolvemento económico, desgravacións na cota do IAE para as empresas porriñesas que xeneren emprego, medidas específicas para a inserción laboral femenina, apoiar á innovación e ó comercio local"

"Queremos apoiar ás empresas que xeneren emprego no Porriño cunha desgravación de ata o 25% do Imposto de Actividades Económicas para aquelas empresas que xeneren emprego indefinido e simplificar os trámites para a apertura de novas empresas e establecementos comerciais e inaugurar un novo escenario nas políticas de fomento de emprego a través da creación dunha Mesa Local polo Emprego, o diálogo cos axentes sociais e a aposta decidida pola Innovación mediante becas de apoio ós emprendedores con proxectos empresariais que xeneren emprego no Porriño"



"Queremos apostar pola industria e a creación de emprego mediante a posta en marcha dunha marca diferenciadora que nos permita xenerar emprego de calidade non só nos eidos tradicionais, senon sobre todo, en materia de innovación e desenvolvemento. É o momento de deixar de facer propaganda e ser conscentes da realidade, e a realidade é que este alcalde non fixo nada nun ano neste campo."

No hay comentarios:

Publicar un comentario