domingo, 17 de abril de 2011

Vaqueiro presenta xunto con Pachi Vázquez a súa candidatura ante un ateigado auditorio prometendo un cambio tranquilo e modernizador para Porriño

O secretario dos socialistas galegos chama a Porriño a apostar por aire fresco no Concello apoiando a Iván Vaqueiro

Baixo o eslogan Súmate, os socialistas celebrararon a presentacion do seu equipo co obxectivo de acadar a alcaldía e sustituir ó actual goberno e trasladar ós porriñeses a necesidade dun cambio no Concello. Un acto que contou coa presenza do secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, que arropou ó lider porriñés Iván Vaqueiro.

A candidatura socialista está integrada por Iván Vaqueiro, como cabeza de lista, e continua coa abogada Eva García de la Torre, o responsable de laboratorios da empresa Lonza Biologics e veciño de Torneiros, Francisco Rodríguez Loureiro; no cuarto lugar, o Tesorero da Comunidade de Montes de Atios, Ramón Giráldez García, en quinto lugar, la secertaria de innovación del PSOE local, vecina de Pontellas y licenciada en Ciencias Políticas, Elena Alonso; en sexto lugar, Jose Luis Fernandez da Costa, comunero de Budiño y delegado sindical da UXT; en séptimo lugar, Jose Antonio Bugarín Campo, veciño de Torneiros e empresario; en octavo lugar, Raquel Casal, traballadora de Aceesca e veciña de Cans; en noveno lugar, Oscar Coto, xerente dunha empresa do sector hostelero e veciño de Carracido, en décimo lugar, a fotógrafa e veciña de Mosende, Paula Rorís; no undécimo posto, o candidato socialista á Entidade Local de Chenlo, Jose Luis Fernández Vázquez; no posto número 12, a Zóe Vázquez, técnica informática; no posto número 13, a empresaria e veciña de Atios, Belén Costas; no posto número 14 a técnica en educación especial e traballadora social de Aceesca, Estefanía Taboada; no posto número 15, o actual concelleiro socialista Fernándo Rodríguez, veciño de Torneiros; no posto 16, o empresario e ex-concelleiro do PSOE, Carlos Díaz Casales e pechando a candidatura, o pintor, artista e caricaturista porriñés Antonio Fernández Valverde. A lista se completa cos suplentes Santiago González Carballal, Presidente da Comunidade de Montes do Porriño e do Clube Imperial de Carracido e coa consultora ambiental Isabel Bizarro.
O candidato socialista, Iván Vaqueiro, manifestou a súa satisfacción polo equipo que presentan os socialistas ás eleccións e quixo agradecer a todas as persoas que integran ó proxecto do PSOE, afirmando que "esta candidatura non representa só ós socialistas, senon que queremos que sexa unha candidatura que represente a ilusión dos Pporriñeses por cambiar Porriño e facelo máis aberto, tolerante e preocupado polos problemas dos seus veciños e veciñas".

"Somos o primeiro partido que presenta a súa candidatura completa e queremos compartir a nosa ilusión con todos os porriñeses. Estas serán unhas eleccións de cambio e de progreso para Porriño e o noso equipo quere dende xa, poñerse ó servizo dos porriñeses."

Vaqueiro afirmou que o PSOE presenta un equipo "serio, representativo do centro e das parroquias, altamente capacitado para gobernar e comprometido con Porriño, á fronte do cal me atopo moi orgulloso e arropado por porriñeses que serán un fantástico goberno se así o deciden os porriñeses. Sen dúbida, estou convencido de que será a sorpresa desta campaña electoral."



No hay comentarios:

Publicar un comentario