martes, 5 de abril de 2011

Vaqueiro se reune con todas as asociacións do Porriño para preparar "o mellor programa para Porriño"


O candidato do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, inicia hoxe unha ronda de contactos con todos os colectivos do Porriño a través de diversos encontros sectoriais onde debatirá cos colectivos sobre política social, medio ambiente, deportes e cultura, parroquias, educación, economia e comercio local.



O candidato socialista porriñés, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe o inicio dunha ronda de contactos con todas as asociacións do Porriño para recoller propostas para o seu programa electoral e comezar dende xa a aplicar "o diálogo constante cos cidadáns como un exemplo do goberno que quero presidir, onde a participación de todos, sexa a máxima de traballo diaria"

Sete Encontros Sectoriais, centrados en Educación, Deportes, Cultura, Economía e Comercio, Montes e Medio Ambiente, Asociacións Veciñais e Política Social, son os temas escollidos para convocar a distintas asociacións a encontros de traballo para acadar o maior gráo posible de participación na elaboración do programa do PSOE nestas eleccións.

Vaqueiro manifestou que "estes encontros nos permitirán enriquecer o noso programa coas aportacións dos veciños e facelo máis accesible e centrado nos problemas diarios das persoas, ó tempo que nos axudarán a planificar máis correctamente as necesidades do Porriño. Quero ser un Alcalde que teña sempre en conta, antes de tomar decisións, á opinión dos seus veciños, porque o diálogo é a nosa forma de entender a política. Por iso o diálogo cos axentes sociais será unha máxima do meu goberno"

Os encontros comezan hoxe coa Xuntanza de Educación, e continuarán toda esta semana e a que ven, ata o venres 15 de Abril, data na que os socialistas presentan a súa candidatura na Casa da Cultura do Porriño ás 20:30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario