O Candidato Socialista Iván Vaqueiro, que retou a Nelson Santos a un debate electoral, presentou hoxe o cronograma de actos do PSOE e tildou de bochornosas as chamadas de Santos ós porriñeses para ofrecer traballo a cambio de votos.
Iván Vaqueiro, candidato socialista á Alcaldía do Porriño, compareceu hoxe co seu equipo para presentar o calendario de actos do PSOE nestas eleccións municipais, nas que participará en 13 mítins e máis de 30 encontros sectoriais para presentar o programa electoral do PSOE ós cidadáns. Os socialistas abriran a campaña cun mítin na parroquia de Pontellas o próximo domingo, e pecharana en Porriño o día 20. Unha ambiciosa campaña na que os socialistas buscan a complicidade dos porriñeses para cambiar un goberno "en branco en negro" que non representa ós cidadáns e que só se preocupa "dos seus intereses persoais"
"Estou e estamos en plena forma para trasladar o noso proxecto ós porriñeses nesta campaña e ilusionalos co Porriño que queremos construir a partir do 22 de Maio", afirmou o candidato socialista. "Queremos unha campaña de propostas, de ideas e de participación cidadán. Pero parece que o señor Santos, quere unha campaña de ocultamento e desinformación"
"Sobre o candidato popular, só teño que dicir que me parece totalmente bochornoso que como nos contan moitos porriñeses, esté chamando ós veciños para tratar de convencelos de que o voten a cambio de postos de traballo. Se nota que anda algo desesperado", afirmou Vaqueiro
Para o candiato socialista, "O PSOE ten un claro obxectivo: aspiramos a ser a forza máis votada para encabezar un goberno progresista cun alcalde socialista. Pero sobre todo, aspiramos a trasladar os porriñeses da necesidade de que O Porriño conte cun alcalde no que se poida confiar. E eu particularmente, traballarei con todas as miñas forzas en lograr ese obxectivo."
"Sabemos que nos imos enfrentar cunha campaña totalmente caciquil e antigua como a que está xa facendo este goberno, asustando e tratando de mercar votos a costa dos problemas das persoas. Pero fronte a ese proceder antiguo e antidemocrático, faremos unha campaña centrada nos problemas dos cidadáns. O único que amosan as chamadas de Nelson ofrecendo postos de traballo a cambio de votos, é o medo e a desesperación de perder as eleccións. E volvo a insistir en que no Porriño é necesario un debate electoral entre candidatos. Sexa na fórmula que sexa: radio, casa do concello, etc...Os cidadáns merecen poder escoitar ós candidatos antes de votar. Emplazamos ó señor Santos a que de a cara e asista ó debate electoral".
Vaqueiro rematou a súa intervención afirmando que o PSOE fará unha campaña "como dí o noso eslogan, para que O Porriño Gañe, para que a voz dos cidadáns conte e que teñamos un goberno e un Alcalde que gobernen pegados sempre os cidadáns e os seus problemas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario